InicioMOV. SOCIAISMilleiros de persoas toman Santiago no Día das Letras para reclamar medidas...

Milleiros de persoas toman Santiago no Día das Letras para reclamar medidas urxentes en defensa do galego

A manifestación convocada por 'Lingua Vital Xa!' percorreu o centro da capital galega e reuniu a centos de entidades sociais nunha xornada de reivindicación lingüística marcada polas críticas ás políticas da Xunta

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

Varios millerios de persoas mobilizáronse este 17 de maio en Compostela convocadas pola plataforma ‘Lingua Vital Xa!‘ nunha multitudinaria manifestación en defensa da lingua galega, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas. A marcha, que reuniu participantes chegados de distintos puntos do país, partiu da Praza de Galicia e percorreu algunhas das principais rúas do centro compostelán, pasando pola Senra, Praza de Galicia, Doutor Teixeiro, O Hórreo, As Orfas, Toural e O Vilar, para concluír finalmente na Praza da Quintana.

A convocatoria estivo respaldada por máis de 400 entidades sociais adheridas ao chamado ‘Protocolo Lingua Vital‘, presentado nos últimos meses como unha proposta colectiva para reverter o que os organizadores cualifican de “emerxencia lingüística”. Ao comezo da manifetación, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, asegurou en declaracións aos medios que a resposta cidadá demostra “o compromiso da sociedade galega coa lingua” e reivindicou que existe “unha alternativa colectiva” con centos de medidas concretas para reforzar o uso do galego no ensino, na cultura, nos medios de comunicación, nos servizos públicos e no ámbito socioeconómico.

Maceira acusou á Xunta de manter unha política de “anuncio permanente” sen executar cambios efectivos, ao tempo que censurou medidas que, ao seu xuízo, supoñen retrocesos na presenza do galego en distintos espazos institucionais e sociais. Segundo explicou, o movemento social promotor da protesta prevé activar desde agora un calendario propio de actuación, independentemente das decisións do Goberno galego, aínda que insistiu en reclamar á administración autonómica a aplicación das medidas contempladas no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.

PONTÓN CHAMA A UN “CAMBIO DE RUMBO” NAS POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

Na mobilización participou tamén a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, quen definiu a xornada como “un día de orgullo e reivindicación” e advertiu de que Galicia atravesa “un momento crítico” para o seu idioma. A líder nacionalista responsabilizou directamente ao Partido Popular da evolución da situación lingüística nas últimas décadas e reclamou a derrogación do decreto de plurilingüismo, así como a recuperación e actualización dos consensos políticos arredor da normalización do galego.

Pontón defendeu que a lingua propia de Galicia é “o que máis une” á sociedade galega e reclamou un executivo “que ame a súa lingua e estea disposto a defendela con medidas concretas”. A súa intervención tamén vinculou a defensa do idioma coa figura de Begoña Caamaño, homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, reivindicando o seu legado como símbolo de compromiso cultural e lingüístico.

SUMAR RECLAMA CAMBIOS NA XUNTA E MAIOR PRESIÓN INSTITUCIONAL

Tamén estivo presente na manifestación o secretario xeral de Movemento Sumar Galicia, Paulo Carlos López, que se sumou ás demandas de derrogación do decreto do plurilingüismo e reclamou tamén ao Goberno central un maior esforzo diplomático para lograr a oficialidade do galego na Unión Europea antes de rematar o ano. López fixo ademais un chamamento á mocidade e á sociedade civil para reforzar o uso cotián do idioma, especialmente nas aulas, nos medios e na creación de contidos.

ÚLTIMAS

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

A Xunta instala 15 paneis no río Sar para advertir do risco de inundación en Santiago

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático colocou, a través de Augas de...

Un novo recurso volve frear a tramitación do contrato do bus urbano de Santiago

A tramitación do novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela afronta un...

O Atardecer no Gaiás reúne 15.000 persoas e pecha a súa segunda edición con máis público

O ciclo Atardecer no Gaiás congregou 15.000 persoas na súa edición de 2026, segundo...

Un novo recurso volve frear a tramitación do contrato do bus urbano de Santiago

A tramitación do novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela afronta un...

Denuncian “unha nova saturación” en Urxencias do Hospital Clínico de Santiago

A CIG denunciou "unha nova saturación" nas Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago,...

A Asociación Contra o Cancro abre as inscricións para a quinta ‘En Marcha Contra o Cancro’ de Santiago

A Asociación Española Contra o Cancro en Santiago de Compostela abre este luns o...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here