InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames impulsa unha nova app para centralizar inscricións, reservas...

O Concello de Ames impulsa unha nova app para centralizar inscricións, reservas e acceso ás instalacións deportivas

A plataforma municipal permitirá xestionar dende o móbil actividades deportivas, pistas e carnés para as piscinas descubertas, ampliando a dixitalización dos servizos locais

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames vén de poñer en marcha ‘Deportes Concello de Ames’, unha nova plataforma dixital destinada a simplificar a relación da veciñanza cos servizos deportivos municipais mediante a inscrición en actividades, a reserva de instalacións e a tramitación de carnés para as piscinas descubertas.

A ferramenta, impulsada polo departamento de Deportes, supón un novo avance na estratexia de modernización da administración local tras o desenvolvemento previo da aplicación Cronos. O novo sistema permitirá realizar de forma centralizada trámites vinculados ás Escolas deportivas municipais, ás pistas de tenis e pádel e ao acceso ás piscinas, cun funcionamento adaptado a dispositivos electrónicos.

Entre as novidades incorporadas destaca tamén a posibilidade de realizar accións vinculadas ao uso das instalacións, como a apertura de accesos ou a activación da iluminación nos recintos deportivos. Ademais, a plataforma ofrece opcións para reservar espazos para terceiras persoas ou autorizar a outros usuarios a facer xestións en nome propio.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, sinala que esta iniciativa representa “un paso máis para mellorar os servizos dixitais que ofrecemos á veciñanza amesá”, ao tempo que amplía as prestacións xa dispoñibles a través das ferramentas anteriores.

Segundo explica o goberno local, o obxectivo é facilitar o acceso a unha programación deportiva municipal que conta cunha elevada participación e que ofrece arredor de 2.500 prazas nas distintas escolas e actividades organizadas polo Concello.

Na actualidade, a plataforma xa está operativa en formato web a través da páxina municipal, mediante accesos situados na cabeceira e no pé da web oficial. O Concello prevé tamén a súa chegada próxima ás tendas de aplicacións App Store e Google Play, o que permitirá dispoñer de versións específicas para iOS e Android.

ÚLTIMAS

Xulgan a dous homes acusados de tentar matar outro nunha agresión na rúa

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña celebrará o vindeiro venres o xuízo...

Mil persoas participan na oitava edición da carreira lúdica ‘Holi Gaiás’

Ao redor de mil persoas participaron este sábado na oitava edición da carreira lúdica...

Un sinistro con catro coches deixa dous feridos en Compostela

Dúas persoas resultaron feridas e tiveron que ser trasladadas ao hospital tras un accidente...

O Concello presiona a adxudicataria para reactivar as obras da rúa García Lorca

O Concello de Santiago manterá a presión sobre a empresa responsable das obras da...

Detido por tres agresións sexuais cometidas no mesmo día no Milladoiro

A Garda Civil do Posto Principal de Milladoiro-Ames detivo a un home, de 45...

Ames adxudica por 251.039 euros a pavimentación dos viarios da aldea de Vilaverde

O Concello de Ames avanza no plan de mellora das infraestruturas municipais coa adxudicación...

Ames celebra o Orgullo LGBTIQ+ cunha programación de obradoiros, música e actividades xuvenís

O Concello de Ames desenvolverá os días 26 e 27 de xuño unha programación...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here