InicioMOV. SOCIAIS"¡No te lo piérdaste!" Así é a campaña para dignificar o uso...

“¡No te lo piérdaste!” Así é a campaña para dignificar o uso correcto do galego na comunicación

'Dignifica a túa comunicación en galego' busca concienciar sobre a importancia de usar correctamente o idioma nas comunicacións públicas e privadas

Publicado o

Xornal de Compostela

Nos últimos días, quen paseou por Santiago de Compostela puido atopar uns carteis con mensaxes deliberadamente mal escritas en castelán como “¡No te lo piérdaste!” ou “¿Aún no registrástete?”. Estas frases son o resultado de traducir literalmente expresións en galego recollidas por A Masa, unha axencia de comunicación dixital, a partir de correos electrónicos e outras comunicacións de administracións públicas e empresas. Esta iniciativa forma parte dunha campaña de marketing de guerrilla que pretende xerar conciencia sobre o uso correcto do galego.

Segundo explican dende A Masa, a campaña titulada ‘Dignifica a túa comunicación en galego‘ lanzouse co obxectivo de reivindicar a dignidade e a corrección no uso do idioma galego nas comunicacións durante todo o ano, non só no Día das Letras Galegas. “Queremos destacar que se non prestamos atención ao idioma, non só se degrada o galego, senón tamén a comunicación e a credibilidade das marcas”, declaran dende a axencia.

Os carteis, que se distribuíron en puntos estratéxicos da cidade, presentan mensaxes en branco e negro onde o deseño tipográfico chama poderosamente a atención. A elección de traducir mal intencionadamente ao castelán busca resaltar os frecuentes erros que se atopan nas traducións automáticas e nas comunicacións en galego. “É raro ver erros deste calibre en publicidade e comunicacións noutros idiomas, mais no caso do galego non é difícil atopar exemplos que veñen de malas traducións automáticas, faltas ortográficas, etc.”, afirman dende A Masa.

A Masa, Comunicación Artesanal, fundada por Carolina Buján e Eva Antelo, é unha axencia que combina a sensibilidade da artesanía coa comunicación dixital. Ofrece servizos de consultoría en comunicación, deseño web, estratexia online e xestión de redes sociais, buscando sempre respectar e potenciar a identidade lingüística das marcas coas que traballa.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O profesorado axudante doutor da USC denuncia o bloqueo das súas prazas de estabilización e esixe unha solución á Xunta

A Plataforma de Profesorado Axudante Doutor da USC denunciou este martes a situación de bloqueo...

O sindicato estudantil Fervenza celebra en Santiago a súa II Asemblea Nacional e fixa as súas próximas mobilizacións

O sindicato estudantil Fervenza celebrou este pasado sábado, 17 de outubro, a súa II...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here