InicioSen categorizarCompostela inicia a organización dos actos do Orgullo LGBTIQ+ previstos para finais...

Compostela inicia a organización dos actos do Orgullo LGBTIQ+ previstos para finais de xuño

O grupo de traballo municipal recolle propostas para a programación da fin de semana do 27 e 28 de xuño

Publicado o

Xornal de Compostela

O grupo de traballo LGBTIQ+, dependente do Consello Municipal de Igualdade, comezou xa os labores de preparación dos actos con motivo do Día do Orgullo, que en Santiago de Compostela se celebrarán durante a fin de semana do 27 e 28 de xuño.

A posta en marcha deste proceso produciuse nunha reunión celebrada esta semana, na que participou a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, xunto coa directora de área e a responsable do Centro de Información á Muller (CIM). No encontro abordouse a planificación inicial das actividades e recolléronse propostas e suxestións co obxectivo de configurar a programación correspondente ao ano 2026.

Este grupo de traballo actúa como espazo de coordinación e participación para avanzar na definición das iniciativas vinculadas á celebración do Orgullo, unha cita anual que busca visibilizar a diversidade afectivo-sexual e de xénero e promover accións de sensibilización no ámbito local.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Saleta Chao asumirá Facenda, Persoal, Contratación e Modernización no Concello de Santiago

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, confirmou este venres que Saleta Chao...

O PSOE urxe o Goberno de Santiago a completar o censo de vivendas baleiras e mobilizalas

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que complete o censo...

Un estudo sobre o canco colorrectal do CHUS-IDIS recibe un dos Premios DISCOVERGI

A doutora Nieves Martínez Lago, do Servizo de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here