InicioPOLÍTICAO PP propón talleres artesanais para frear o peche de comercios en...

O PP propón talleres artesanais para frear o peche de comercios en Santiago

Olaya Otero reclama un plan estratéxico e critica a falta de medidas do goberno local ante a perda de establecementos e empresas

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Olaya Otero, propuxo a posta en marcha de talleres de oficios artesanais dirixidos á mocidade como medida para impulsar a remuda xeracional e facer fronte ao peche continuado de establecementos comerciais na cidade.

A edil sinalou que a situación do comercio local “levamos tempo alertando da situación do comercio na cidade e, desafortunadamente, as últimas novas veñen a darnos a razón”. Neste sentido, lembrou que durante o ano 2025 pecharon 100 establecementos comerciais en Santiago, mentres que nos dous primeiros meses de 2026 a cifra ascende xa a 41 negocios, segundo datos da Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA).

Otero indicou que unha parte destes peches está relacionada coa falla de remuda xeracional, ao apuntar que arredor do 30% dos comerciantes composteláns teñen máis de 62 anos. A esta circunstancia sumou a perda de tecido empresarial, ao afirmar que Santiago perdeu máis de 700 empresas nos últimos oito anos.

A concelleira popular criticou a actuación do goberno municipal, formado por BNG e CA, ao considerar que “esta realidade non provocou reacción algunha” e preguntou “que pensan facer para frear o peche de establecementos comerciais, recuperar proxectos económicos e mellorar a remuda xeracional”.

Tamén cuestionou medidas adoptadas no casco histórico, como a limitación de novos negocios vinculados ao turismo, e asegurou que “o único que lograron é contribuír a que o Casco Antigo siga esmorecendo”.

Ante este escenario, Otero defendeu a necesidade de impulsar iniciativas que favorezan o emprego e a continuidade dos negocios, destacando a proposta de talleres artesanais como unha ferramenta para achegar a mocidade a oficios tradicionais e cubrir a demanda de man de obra. Segundo explicou, esta medida tamén respondería ás peticións do sector artesanal e da propia mocidade para poñer en valor estas profesións.

A edil insistiu en que a situación require unha resposta global, polo que reclamou a elaboración dun plan estratéxico con medidas específicas para os distintos sectores económicos da cidade. “Medidas dispersas e puntuais xa non son suficientes”, advertiu.

ÚLTIMAS

Veciñanza e especialistas critican a intervención nas gárgolas do Hostal e o Concello defende a súa legalidade

O remate das obras de rehabilitación na fachada do Hostal dos Reis Católicos en...

A USC nomea tres novos delegados para reforzar a internacionalización, a saúde e a estratexia dixital

A reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras, formalizou este martes o...

Un grupo cidadán convoca un acto de recoñecemento a Álvaro García Ortiz na Casa das Máquinas

O grupo promotor dun acto de recoñecemento a Álvaro García Ortiz presentou este xoves...

O BNG leva ao Parlamento a problemática da planta de residuos en Cacheiras

A oposición veciñal á localización en Cacherias, no municipio coruñés de Teo, dunha planta...

Verea critica a paralización das obras na rúa García Lorca e reclama explicacións ao Goberno local

O líder do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, visitou a rúa García Lorca...

O Concello prevé mellorar a conectividade do aeroporto tras a reapertura da pista e critica a falta de coordinación da Xunta

A portavoz do Goberno local de Santiago, Míriam Louzao, afirmou que a actual caída...

O PSOE de Santiago reclama información sobre a paralización das obras na rúa García Lorca

O Grupo Municipal Socialista no Concello de Santiago, a través da concelleira Marta Abal,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here