InicioSOCIEDADEPacientes oncolóxicos do CHUS alertan da situación do servizo

Pacientes oncolóxicos do CHUS alertan da situación do servizo

O conselleiro apunta a que os atrasos afectan a "revisións", aínda que promete revisar o sistema.

Publicado o

Xornal de Compostela

Pacientes oncolóxicos do Hospital Clínico de Santiago compartiron este luns as súas historias particulares para denunciar a situación que sofre o servizo de Oncoloxía deste centro, algo que xa levaron anteriormente ante a Valedora do Pobo, e que, afirman, a pesar das medidas implantadas segue “deteriorándose de maneira alarmante”.

Segundo denunciou a asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS, a pesar da implantación de ‘peonadas’ polas tardes para aliviar os atrasos, hai atrasos en consultas de revisión que exceden o seis meses. “Os pacientes seguimos saíndo das nosas consultas de revisión sen unha cita fixada, xa que se nos introduce no sistema de ‘caixa de correos’ e quedamos nun limbo no que nin figuramos en ningunha lista de espera nin sabemos cando seremos atendidos”, aseguran.

Este sistema de ‘caixa de correos’, apuntan, inclúe a “todos os pacientes que requiren atención especializada a través dunha consulta externa” e nel permanecen “un tempo indeterminado sen coñecer en que momento” van ser citados, aínda que a súa doenza “requira unha atención clínica pautada e nos tempos debidamente establecidos polos protocolos, como acontece cos pacientes de cancro”. “A administración, ao establecer como norma legal o principio da estabilidade das axendas, está a limitar a arbitrariedade e discrecionalidad nos tempos de atención”, denuncian.

Os pacientes consideran que esta situación, ademais de “vulnerar a normativa da propia consellería”, engade “máis incerteza á xa complicada situación dos enfermos” e critican que pretenda porse “unha solución puntual” ao que consideran “un problema estrutural”.

Ademais, nas últimas semanas, a asociación de pacientes está a recibir testemuños de usuarios do servizo de Oncoloxía en tratamento activo, afirmando que “o colapso no hospital de día é total, xa que pacientes enfermos de cancro deben esperar ata 10 horas para poder recibir o seu tratamento de quimioterapia”.

UN “PROBLEMA DE REVISIÓNS”

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, asegurou este luns que xa se están tomando medidas para solucionar a situación do servizo de Oncoloxía do CHUS, aínda que, apuntou, “o que é realmente urxente e prioritario cóbrese rapidamente” e o que existe é “un problema de revisións”.

A preguntas dos medios tras un acto en Santiago, Gómez Caamaño afirmou que é “especialmente sensible” a este problema, dado que o seu posto antes de ser conselleiro era o de xefe de oncoloxía radioterápica neste complexo, e confiou en que a nova xerencia da área sanitaria sirva tamén para “reformularse todo”. “Eu creo que coas medidas que se están tomando xa e as que se poidan tomar no futuro, a situación mellorará, sen ningunha dúbida, e esperemos que nun prazo máis breve que longo”.

O conselleiro precisou tamén que as revisións con atraso “non son de pacientes no medio do tratamento” se non que “teñen que ir cada seis meses ou unha vez ao ano”. “O problema que temos agora é un problema de revisións, de revisións de pacientes que foron tratados dun cancro, que están curados, a maioría, e seguen as revisións”, puntualizou.

Gómez Caamaño relacionou esta situación con “o éxito do medicamento”, dado que “cada vez sobreviven máis pacientes” ao cancro e eses pacientes “necesitan as súas consultas e as súas revisións”. “Se cadra é que non estamos aínda preparados para asumir ese éxito”, dixo o conselleiro, engadindo que “haberá que pensar se cadra como manexalo, como manexar ese tipo de consultas de longos sobreviventes en todos os hospitais de Galicia”.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

Funcionarios de Xustiza denuncian “explotación laboral” nos xulgados de Fontiñas

Funcionarios do xulgado de instancia de Santiago de Compostela concentráronse este xoves diante dos...

Educación investiga un incidente no que un profesor agarrou polo pescozo a un alumno no CEIP Monte dos Postes

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) do CEIP Monte dos Postes,...

Turespaña defende que as obras no Hostal dos Reis Católicos seguen o Plan Director aprobado pola Xunta

Turespaña, responsable da xestión e conservación do Hostal dos Reis Católicos, lembrou que os...