InicioCULTURACorrelingua 2026 comezará en Santiago o 5 de maio cunha chamada á...

Correlingua 2026 comezará en Santiago o 5 de maio cunha chamada á mobilización pola lingua galega

A iniciativa reunirá arredor de 20.000 participantes en toda Galicia e pon o foco na infancia e na mocidade como eixo da normalización lingüística

Publicado o

Xornal de Compostela

O Correlingua 2026 dará comezo o vindeiro 5 de maio en Santiago de Compostela, convertendo a cidade no punto de partida dunha nova edición desta actividade de promoción lingüística que percorrerá distintas localidades galegas ao longo do mes. A presentación tivo lugar este martes nunha rolda de prensa na que participaron a alcaldesa Goretti Sanmartín, a secretaria xeral da CIG-Ensino, Laura Arroxo, e o coordinador da iniciativa, Xacobe Rodríguez.

A edición número 26 desenvolverase baixo o lema ‘Co Galego non Corazón, Facemos Revolución’, cunha orientación centrada na sensibilización da poboación máis nova arredor do uso do galego. A carreira compostelá terá como escenario a Alameda, desde onde partirá a actividade.

Durante a presentación, a alcaldesa destacou o valor simbólico e social do uso da lingua, sinalando que “non hai nada que poida ser nestes momentos tan transformador, tan radical, tan revolucionario como decidir usar a nosa lingua”. Tamén incidiu na necesidade de reforzar o seu uso entre a mocidade, ao advertir dunha tendencia á baixa nos tramos de idade máis novos, malia que a cidade presenta “bos datos” en termos xerais.

Neste contexto, Sanmartín cualificou como “moi relevante” a realización de actividades dirixidas á infancia e á xuventude, que definiu como “o futuro da lingua”, e animou á participación na carreira compostelá. Pola súa banda, Laura Arroxo advertiu de que a situación do galego é “crítica” e defendeu a necesidade de que a mocidade tome conciencia activa do seu papel na súa defensa. Segundo indicou, o Correlingua busca “sensibilizar sobre o patrimonio que representa o galego, normalizar a lingua e crear esa identidade tan necesaria como país e como pobo”.

O coordinador do programa, Xacobe Rodríguez, subliñou o alcance da iniciativa, que cualificou como a “maior actividade de normalización lingüística” en Galicia, con arredor de 20.000 participantes. Segundo explicou, ao longo das distintas carreiras previstas realizarase a lectura dun manifesto colectivo elaborado por 320 estudantes de 13 centros educativos, no marco dos obradoiros ‘Desata a lingua’, impartidos por María Lado, Lucía Aldao e Antía Yáñez.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS AO LONGO DO ANO

Ademais das carreiras, o Correlingua inclúe outras accións ao longo do curso, como o concurso de lemas, no que participaron máis de 1.800 alumnos de 56 centros galegos. O traballo gañador correspondeu ao alumnado de primeiro curso de FP Básica de panadaría e pastelaría de Vilamarín. Tamén se desenvolve a proposta ‘Regueifando’, orientada á creación colectiva dunha regueifa entre distintos centros educativos.

Tras o inicio en Santiago, o calendario continuará por A Coruña (6 de maio), Moaña (7 de maio), Lalín (8 de maio), A Estrada (12 de maio), Monforte (13 de maio), Narón (19 de maio), Ourense e A Maroña (20 de maio), Pontevedra (21 de maio), Vigo (22 de maio) e Lugo (27 de maio), configurando un percorrido que abrangue boa parte do territorio galego.

ÚLTIMAS

Prisión provisional e sen fianza para o detido polo atropelo mortal en Bertamiráns

O detido polo atropelo mortal sucedido este mércores en Bertamiráns, no municipio coruñés de...

Borja Verea promete reducir a menos de 20 días o pagamento aos provedores do Concello de Santiago

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, comprometeuse a situar o período...

Dous detidos en Santiago mentres roubaban xoias nun domicilio do centro

Dúas persoas foron detidas o pasado domingo tras ser pilladas 'in fraganti' mentres roubaban...

Investigado por asasinato o detido logo dun atropelo intencionado en Ames no que a vítima faleceu

A Garda Civil investiga por un delito de asasinato ao detido este mércores por...

Novo “museo da arte urbana” nunhas galerías comerciais de Santiago

Oito novos murais, creados por artistas referentes de Galicia, transformaron unhas galerías comerciais de...

Música blues, soul, jazz ou rock encherá as rúas de Compostela este agosto no festival ‘Feito a man’

O festival "Feito a man" 2026 encherá de música e actividades gratuítas as rúas...

O destino definitivo das estatuas de Abraham e Isaac será o Museo do Pobo

O Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela foi o lugar elixido para...