InicioECONOMÍACompostela move ficha cos orzamentos de 2026: máis de 148 millóns a...

Compostela move ficha cos orzamentos de 2026: máis de 148 millóns a debate na Comisión de Facenda o día 17

O goberno local levará as contas á Comisión de Facenda o 17 de marzo tras incorporar propostas das concelleiras non adscritas e do PSOE

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, avanzou que o goberno municipal convocará o vindeiro martes 17 de marzo a Comisión de Facenda para someter á súa consideración o proxecto de Orzamentos municipais de 2026, que superan os 148 millóns de euros. Sanmartín fixo este anuncio ante os medios de comunicación durante unha visita ao barrio de Fontiñas, onde foi preguntada polo estado das contas municipais para o próximo exercicio. Tras este primeiro paso, o seguinte trámite será a convocatoria dun pleno municipal no que os orzamentos deberán ser sometidos a votación.

A rexedora explicou tamén que nas últimas semanas mantivo conversas tanto co Partido Socialista como coas concelleiras non adscritas, co obxectivo de incorporar algunhas das súas propostas ao proxecto. “Introducíronse algunhas das súas propostas no documento, polo que entendemos que é lóxico que exista un apoio a estes orzamentos”, sinalou a alcaldesa. O goberno local confía así en sumar os apoios necesarios para sacar adiante as contas municipais, que marcarán as prioridades de investimento e gasto da cidade para o ano 2026.

ÚLTIMAS

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

Falece o exconcelleiro socialista Carlos Nieves mentres se bañaba nunha praia do Grove

Carlos Nieves, concelleiro socialista do Concello de Santiago desde 1987 ata 2011, con algunhas...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

O PP reúne nove medidas para as familias que incorporará ao seu proxecto para Santiago

O Partido Popular de Santiago reuniu, coincidindo co inicio do curso escolar, nove propostas...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...