InicioSANTIAGOAMESAmes organiza o espectáculo ‘Garavanciña’ de Migallas Teatro dentro da programación do...

Ames organiza o espectáculo ‘Garavanciña’ de Migallas Teatro dentro da programación do programa Apego

A actividade celebrarase o venres 13 de marzo na Casa da Cultura do Milladoiro e está dirixida a familias con crianzas a partir de 1 ano

Publicado o

Xornal de Compostela

O programa Apego continúa a desenvolver a súa programación de actividades para o primeiro semestre de 2026 cun novo espectáculo dirixido ás familias con crianzas pequenas. O Concello de Ames organiza para o vindeiro venres 13 de marzo, ás 18:00, na Casa da Cultura do Milladoiro, a representación da obra ‘Garavanciña’, da compañía Migallas Teatro.

A proposta escénica é unha peza teatral con música en directo inspirada nos contos clásicos, na que se combinan monicreques, cancións e narración oral. O espectáculo estará interpretado por Bea Campos e Ali Otero, que presentan unha versión da coñecida historia na que se introducen cambios nos roles de xénero tradicionais, mantendo a dimensión fantástica do relato.

A actividade será de balde e está pensada para familias con crianzas a partir de 1 ano de idade. O espectáculo terá lugar no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, dentro da programación de iniciativas que o programa Apego promove durante os primeiros meses do ano.

INSCRICIÓN PREVIA ATA O 12 DE MARZO

As persoas interesadas en asistir deberán realizar unha inscrición previa, xa que as prazas se asignarán por orde de recepción das solicitudes. O prazo permanecerá aberto desde o 5 ata o 12 de marzo.

Para formalizar a participación será preciso enviar un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal, indicando nome e apelidos das persoas asistentes, idade das crianzas e un teléfono de contacto. Desde a organización advírtese de que non se admitirán solicitudes fóra de prazo.

Un programa para favorecer a transmisión do galego

O programa Apego é unha iniciativa de dinamización lingüística dirixida ás familias que están a agardar un bebé ou que teñen crianzas entre 0 e 6 anos. O seu obxectivo é promover e apoiar o uso do galego na socialización da primeira infancia, facilitando recursos e actividades que contribúan a integrar a lingua na vida cotiá das familias.

As persoas que desexen participar neste proxecto poden contactar co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames a través do correo normalizacion@concellodeames.gal ou do teléfono 662 377 215. Tamén é posible inscribirse cubrindo o formulario ‘Súmate ao apego‘ dispoñible na páxina web do programa, apego.gal.

ÚLTIMAS

O Concello reclama cambios no PIA de Lavacolla e cuestiona que permita estender o uso comercial por todo o parque empresarial

O Concello de Santiago presentou alegacións ao proxecto de interese autonómico (PIA) do parque...

A USC asegura o Colexio Maior San Clemente tras desprenderse parte da cornixa e da cuberta

A Universidade de Santiago de Compostela iniciou actuacións de urxencia no Colexio Maior San Clemente,...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

A USC crea o programa Fénix para recuperar investigadores Ramón y Cajal perdidos por un erro na convocatoria

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (USC) deu o visto...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here