InicioSUCESOSOs xulgados de Santiago seguen investigando a suposta trama de branqueo liderada...

Os xulgados de Santiago seguen investigando a suposta trama de branqueo liderada por un ex-inspector de Facenda

A investigación dos feitos comezou en 2016, por mor dunha denuncia da Axencia Tributaria ante a Fiscalía Anticorrupción de Madrid

Publicado o

Por Ramón Mariño

A investigación xudicial sobre a suposta trama liderada por un exinspector de Facenda de Vigo, A.C.G., segue avanzando etapas e o xulgado de instrución número 3 de Santiago, encargado da causa, ditou unha resolución na que acorda continuar a tramitación contra este e outros seis investigados, mediante a incoación de procedemento para o xuízo ante o Tribunal de Xurado.

Na devandita resolución, tras desestimar a práctica de certas dilixencias solicitadas polas partes, o xulgado acorda a incoación dos trámites do procedemento de xurado, por se os feitos investigados fosen constitutivos de varios delitos.

Así, o xulgado apunta que o sete investigados, o exinspector A.C.G., ademais de seis consultores e asesores fiscais que facían as veces de supostos intermediarios (F.G.P., P.G.T., B.Z.M., M.A.R.P., J.B.C.P., e F.C.M.) poderían cometer un delito de organización criminal. No caso do exinspector, ve indicios de delito de tráfico de influencias, delito de suborno, infidelidade na custodia de documentos e violación de segredos, e delito de negociacións e actividades prohibidas a funcionarios públicos.

Por outra banda, relaciona a F.G.P. cun suposto delito de descubrimento e revelación de segredos; e ve indicios da posible comisión dun delito de branqueo por parte de A.C.G., B.Z.M., F.G.P. e M.A.R.P.

A investigación dos feitos comezou en 2016, por mor dunha denuncia da Axencia Tributaria ante a Fiscalía Anticorrupción de Madrid. Posteriormente adheríronse varios empresarios, que acusaban a esta trama de extorsionarles para que pagasen importantes cantidades de diñeiro a cambio de resolver no seu favor inspeccións e procedementos fiscais.

O principal procesado, que foi detido e ingresado en prisión en xaneiro de 2019, e posto en liberdade en abril dese ano, negou sempre a súa vinculación con eses delitos, e mesmo publicou un blogue no que arremetía contra a UCO da Garda Civil, contra xuíces e fiscais, e no que atribuía as denuncias a vengazas dos empresarios (entre os que citaba aos responsables de Blusens e Redcom) por ser investigados por el no marco do seu traballo como inspector de Facenda.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Un ciclista resulta ferido leve tras caer por unha fochanca en San Pedro de Mezonzo

Un ciclista resultou ferido leve na noite deste martes tras sufrir unha caída na...

Excarcerada unha persoa tras chocar co seu coche contra un camión aparcado en Santiago

Unha persoa tivo que ser liberada do seu coche tras chocar contra un camión...

800 usuarios afectados por cortes de luz en Santiago e Ames

Uns 800 usuarios víronse afectados esta mañá de venres por cortes da luz debido...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here