InicioECONOMÍAA Cámara de Comercio inicia en febreiro un programa de difusión do...

A Cámara de Comercio inicia en febreiro un programa de difusión do emprendemento nos centros educativos de Santiago

As xornadas, gratuítas e dirixidas a alumnado de ESO, Bacharelato e FP, desenvólvense ao abeiro dun convenio co Concello e prolongaranse durante febreiro e marzo

Publicado o

Xornal de Compostela

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela iniciou no mes de febreiro un programa de actividades orientadas á difusión do emprendemento no ámbito educativo, no marco dun convenio de colaboración co Concello de Santiago de Compostela. A iniciativa desenvolverase ao longo dos meses de febreiro e marzo en centros da cidade que soliciten previamente a súa participación.

O programa consiste na realización de xornadas informativas gratuítas, concibidas cun formato dinámico e participativo, dirixidas a alumnado de ensino secundario, bacharelato e formación profesional. Durante estas sesións, o estudantado pode achegarse aos principais aspectos da creación dunha empresa, coñecer as características asociadas ao perfil emprendedor e obter unha visión xeral dos sectores emerxentes no contexto económico actual.

A duración das xornadas adáptase á programación académica de cada centro e ás características específicas do alumnado, co obxectivo de facilitar a súa integración no horario lectivo e maximizar o aproveitamento formativo. A primeira destas actividades tivo lugar o 9 de febreiro no IES Xelmírez I, onde participaron arredor de 45 estudantes de 4º da ESO.

Desde a entidade cameral sinalan que este tipo de accións forman parte da súa estratexia para fomentar o emprendemento entre a mocidade e dar resposta ás demandas sociais vinculadas á creación de iniciativas empresariais. Neste ámbito, a Cámara conta cun departamento específico de Creación de Empresas, así como co apoio do Viveiro de Empresas situado no polígono de Costa Vella, que complementa a súa actividade cun espazo de coworking destinado a proxectos emerxentes.

Os centros educativos interesados en acoller estas xornadas poden contactar coa Cámara de Comercio de Santiago a través do teléfono 981 596 800 ou do correo electrónico informacion@camaracompostela.com, co fin de solicitar a súa participación no programa.

ÚLTIMAS

Un percorrido polo simbolismo das estatuas do Mestre Mateo

Dúas estatuas repousan hoxe, senlleiras, no Museo do Pobo Galego. Abraham e Isaac —ou...

O persoal de Viaqua mobilízase en catro concellos galegos ante o “bloqueo” do convenio

O conflito laboral esténdese polos servizos de xestión de auga en Galicia. O cadro...

PP e PSOE alertan da caída dos indicadores turísticos de Santiago

Os grupos do PP e do PSOE coincidiron este mércores en advertir da evolución...

O Concello leva o patrimonio das parroquias de Santiago á hostalaría e aos centros educativos

O Concello de Santiago puxo en marcha o proxecto 'Compostela Iconográfica. Patrimonio Vivo nas...

O Concello destina 3 millóns á compra de edificios baleiros na cidade histórica para crear vivenda pública en alugueiro

O Concello de Santiago destinará 3 millóns de euros á adquisición de edificios baleiros...

Goretti Sanmartín e Pedro Blanco apelan á colaboración co empresariado galego na asemblea da CEG

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e o delegado do Goberno en Galicia, Pedro...

O comercio local de Santiago celebra o ‘Prima 2026’ con actividades familiares, música e unha ruleta de agasallos

O Concello de Santiago celebrará do xoves 11 ao sábado 13 de xuño unha...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here