InicioSANTIAGOSubdelegado do Goberno e veciños de Santiago estudan a situación de seguridade

Subdelegado do Goberno e veciños de Santiago estudan a situación de seguridade

Ao mesmo tempo, remarcou o "traballo constante" da Policía Nacional e destacou o "éxito" das últimas operacións de loita contra o narcotráfico, que permitiron retirar máis de 12,5 toneladas de droga nos últimos meses en toda Galicia.

Publicado o

Xornal de Compostela

O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, reuniuse na mañá deste xoves con representantes de varias asociacións veciñais de Santiago para analizar a situación de seguridade na cidade, dentro da que chamou á colaboración cidadá.

Ao mesmo tempo, remarcou o “traballo constante” da Policía Nacional e destacou o “éxito” das últimas operacións de loita contra o narcotráfico, que permitiron retirar máis de 12,5 toneladas de droga nos últimos meses en toda Galicia.

Como exemplos, apuntou á operación ‘Lezna’ da Garda Civil e a Axencia Tributaria, que permitiu eliminar unha organización criminal da provincia da Coruña e intervir 135 quilos de haxix e 31 de cocaína; a operación ‘Oxford’ da Policía Nacional, coa incautación de 10.000 dose de cocaína, e a desarticulación dun punto de venda en Fontiñas.

Durante o encontro, segundo recolle unha nota de prensa, Abalde destacou o papel “fundamental” da colaboración cidadá e lembrou, que ante calquera indicio de actividade delituosa, é “esencial” informar as forzas de seguridade.

Neste sentido, remarcou que a Policía Nacional conta con canles directas de comunicación –presenciais, telefónicas e dixitais– e coa aplicación ‘AlertCops’, que permite un contacto rápido e sinxelo coa Policía Nacional e a Garda Civil.

ÚLTIMAS

O pleno rexeita a proposta do PP para retirar todos os radares de Conxo

O pleno do Concello de Santiago rexeitou este xoves a proposición presentada polo Partido...

O pleno aproba a execución dun programa urxente para reparar a rede viaria e reclama axilizar pagos nos CSC

O pleno do Concello de Santiago aprobou este xoves a execución dun programa urxente...

Denuncian o “colapso” nunha das prazas do Tribunal de Instancia de Santiago “que afecta as vítimas de violencia de xénero”

O sindicato Comisións Obreiras denunciou o colapso da praza número 3 da sección de...

O PSdeG de Santiago reclama a creación dun Banco Público Municipal de Alugueiro para mobilizar vivendas baleiras

O secretario xeral do PSdeG en Santiago, Aitor Bouza, reclamou este venres a posta...

A USC e o IDIS conclúen que crear un modelo de consulta telemática “reduce a carga dos hospitais”

Un estudo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Instituto de Investigación...

A alcaldesa de Santiago anuncia unha plataforma elevada no cruzamento do Hórreo con Gómez Ulla para priorizar ao peón

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, anunciou este mércores nunha visita ás obras do...

A Policía Local de Santiago mobiliza todos os seus efectivos para antender numerosas incidencias polo temporal

A Polícia Local de Santiago de Compostela informou de oito incidencias entre as 6,45...