InicioMOV. SOCIAISA USC e o IDIS conclúen que crear un modelo de consulta...

A USC e o IDIS conclúen que crear un modelo de consulta telemática “reduce a carga dos hospitais”

O principal responsable da investigación realizada entre as áreas de Atención Primaria e Cardiología, o doutor José Ramón González Juanatey, destacou o potencial dos resultados obtidos á hora de "mellorar a equidade en zonas rurais e minimizar o desprazamento"

Publicado o

Xornal de Compostela

Un estudo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) reivindicou un modelo de consulta telemática que reduce “a carga dos hospitais” ao diminuírse as citas presenciais en “máis dun 16%”.

O principal responsable da investigación realizada entre as áreas de Atención Primaria e Cardiología, o doutor José Ramón González Juanatey, destacou o potencial dos resultados obtidos á hora de “mellorar a equidade en zonas rurais e minimizar o desprazamento”.

Así mesmo, definiu o modelo como “un paso cara a unha cardiología máis accesible e eficiente”, aínda que, tal e como indica o comunicado, para a súa implantación requiren de “un soporte tecnolóxico adecuado, formación profesional específica e estruturas de colaboración definidas entre os niveis de atención”.

Segundo o comunicado, o estudo, publicado na revista ‘European Heart Journal Open’, contou cunha mostra poboacional superior ás 1.200 interconsultas. Ademais, a inclusión de 300 tele-ecocardiogramas e 54 monitorizacións EEM “permitiron resolver remotamente 195 casos”.

OUTRAS CIFRAS

Nesa mesma liña, IDIS destacou que a ferramenta diagnóstica aumentou a taxa de resolución telemática do 38 ao 54%. Os datos, a xuízo do doutor Sánchez Castro, reflicten “unha validación científica sólida dunha iniciativa organizativa e tecnolóxica claramente innovadora”.

Sánchez Castro, á súa vez, enxalzou o potencial da ferramenta para “reforzar a coordinación” á vez que se mantén a supervisión e garántese “a seguridade do paciente”.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...