InicioSANTIAGODenuncian o "colapso" nunha das prazas do Tribunal de Instancia de Santiago...

Denuncian o “colapso” nunha das prazas do Tribunal de Instancia de Santiago “que afecta as vítimas de violencia de xénero”

CC.OO. sostén que "á falta de medios informáticos súmase o cesamento de persoal que reforzaba xulgados con necesidades de atención especial"

Publicado o

Xornal de Compostela

O sindicato Comisións Obreiras denunciou o colapso da praza número 3 da sección de instrución do Tribunal de Instancia de Santiago de Compostela polo “deixamento da Dirección Xeral de Xustiza” que “afecta as vítimas de violencia de xénero”.

Nun comunicado, o sindicato asegura que a entrada da nova lei de eficiencia organizativa que implanta os Tribunais de Instancia “está a supor un desastre de xestión por parte da Xunta”.

CC.OO. sostén que “á falta de medios informáticos súmase o cesamento de persoal que reforzaba xulgados con necesidades de atención especial”, “sobre todo os que trataban de ofrecer unha xustiza de calidade ás vítimas de violencia de xénero”.

O sindicato sostén que antes da entrada en vigor da nova lei, en xaneiro de 2026, o Xulgado de Instrución número tres tiña asumidas as competencias en materia de violencia de xénero. Con todo, sinala que co novo modelo Tribunal de Instancia, créase unha nova sección de violencia dentro da estrutura, un órgano comarcalizado que atenderá unha ampla zona territorial.

CC.OO. indica que a nova sección “unicamente levará os asuntos iniciados a partir de 2026” polo que a pendencia de asuntos anteriores recaerá no antigo Xulgado de Instrución número 3, agora denominado Praza nº3.

Unha carga de traballo que, segundo denuncia, “debe facela sen servizo de apoio, tendo en conta que foron prazas amortizadas, de dous xestores procesuales, e un tramitador como reforzo, que foi cesado o 15 de decembro”.

O sindicato denuncia que “a pesar das reiteradas solicitudes de incorporación de persoal” ou de “unha nova repartición das cargas de traballo máis equitativo que evite o colapso”, a Dirección Xeral de Xustiza “fai oídos xordos”.

Comisións Obreiras, que fai referencia aos asuntos relacionados con violencia sobre a muller pendentes, avisa dun “colapso garantido” nunha materia tan sensible como a violencia de xénero e a violencia sexual.

Por todo iso, explicou que remitiu un escrito á Dirección Xeral de Xustiza no que reitera a solicitude de reforzos inmediatos para este órgano.

ÚLTIMAS

Comeza unha nova etapa de mobilidade en Compostela: ábrese o prazo para adxudicar 29 novas licenzas de taxi

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou este luns as bases reguladoras...

‘A Santa’ de Asorey regresará a Galicia cen anos despois da súa creación

A Xunta de Galicia trasladará desde Uruguai a escultura 'A Santa', unha das obras...

Luz verde a máis de 1 millón de euros para actuacións en concellos do Camiño Francés

O Goberno galego aprobou este luns un acordo que autoriza a firma dun novo...

Reabre a vía convencional Santiago-Ourense tras extinguirse o lume en Boborás

A circulación ferroviaria interrompida entre O Carballiño e O Irixo, que afectou os trens...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia unha demora de ata 22 meses para tratar unha lesión grave de xeonllo

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o caso dunha muller de...

Arelas convoca unha concentración en Santiago polo Día Internacional da Visibilidade Non Binaria

A asociación Arelas anunciou a convocatoria dunha concentración en Santiago de Compostela con motivo...