InicioSANTIAGOA Policía Local de Santiago mobiliza todos os seus efectivos para antender...

A Policía Local de Santiago mobiliza todos os seus efectivos para antender numerosas incidencias polo temporal

Desprendementos, caída de postes ou bolsas de auga foron algunhas das incidencias atendidas

Publicado o

Xornal de Compostela

A Polícia Local de Santiago de Compostela informou de oito incidencias entre as 6,45 deste martes e as 7,15 deste mércores, varias delas por mor dos temporais que están a xerar dificultades na comunidade galega.

Segundo trasladou, os bombeiros acudiron ou foron notificados pola aparición de dúas bolsas de auga por mor das fortes choivas que afectaron á circulación debaixo da ponte do ferrocarril na rúa das Estrelas e na avenida Burgo das Nacións.

Así mesmo, avisaron de tres desprendementos na cidade compostelá: un de terra nunha leira de Figueiras que afectou un sentido da circulación, un teito desprendido dunha fachada na rúa Carreira do Conde e unha parte dun noiro dunha vivenda na rúa Ramón Baltar.

Con todo, a Policía Local tamén informou de dúas caídas de postes do tendido telefónico en Silvouta e na rúa do Río de Arriba, así como unha inspección realizada de maneira conxunta cos bombeiros nun edificio da rúa Curros Enríquez polo desprendemento dalgunhas tellas.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...