InicioSUCESOSA Policía Nacional alerta dun intento de estafa por correos falsos dirixidos...

A Policía Nacional alerta dun intento de estafa por correos falsos dirixidos a alumnado da USC

Os mensaxes suplantan á universidade e reclaman un suposto pago pendente da matrícula mediante transferencia bancaria

Publicado o

Xornal de Compostela

A Policía Nacional advertiu este sábado do envío masivo de correos electrónicos fraudulentos dirixidos a estudantes da Universidade de Santiago de Compostela, nos que se reclama o pagamento dun suposto importe pendente vinculado á matrícula universitaria. Segundo o aviso policial, as comunicacións solicitan unha transferencia bancaria de 550 euros a unha conta concreta.

De acordo co comunicado difundido, os axentes tiveron constancia da situación tras recibir varias denuncias ao longo da pasada semana, todas elas con características similares. A investigación permitiu identificar un mesmo modus operandi, baseado na técnica coñecida como phishing, que consiste na suplantación da identidade dunha entidade fiable para enganar ás vítimas e obter diñeiro ou información sensible.

A Policía Nacional sinala que, unha vez detectado o patrón común nas denuncias, iniciou un traballo conxunto coa universidade co obxectivo de localizar e deter ás persoas responsables destes intentos de ciberestafa. As actuacións continúan abertas mentres se recompila información adicional.

No marco desta alerta, os corpos policiais lembran unha serie de recomendacións básicas de seguridade, entre as que destacan a necesidade de comprobar as ligazóns e remitentes antes de abrir calquera mensaxe, analizar con cautela as notificacións recibidas por correo electrónico ou outros medios e desconfiar de calquera solicitude de diñeiro ou datos persoais e bancarios.

Finalmente, desde a área especializada en estafas en liña sublíñase a importancia de reforzar a concienciación cidadá sobre os riscos en internet, ao considerar que unha maior prevención e información contribúe a reducir as vías de financiamento das redes de cibercriminalidade.

ÚLTIMAS

Comeza unha nova etapa de mobilidade en Compostela: ábrese o prazo para adxudicar 29 novas licenzas de taxi

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou este luns as bases reguladoras...

‘A Santa’ de Asorey regresará a Galicia cen anos despois da súa creación

A Xunta de Galicia trasladará desde Uruguai a escultura 'A Santa', unha das obras...

Luz verde a máis de 1 millón de euros para actuacións en concellos do Camiño Francés

O Goberno galego aprobou este luns un acordo que autoriza a firma dun novo...

Reabre a vía convencional Santiago-Ourense tras extinguirse o lume en Boborás

A circulación ferroviaria interrompida entre O Carballiño e O Irixo, que afectou os trens...

Un ciclista resulta ferido leve tras caer por unha fochanca en San Pedro de Mezonzo

Un ciclista resultou ferido leve na noite deste martes tras sufrir unha caída na...

Excarcerada unha persoa tras chocar co seu coche contra un camión aparcado en Santiago

Unha persoa tivo que ser liberada do seu coche tras chocar contra un camión...

800 usuarios afectados por cortes de luz en Santiago e Ames

Uns 800 usuarios víronse afectados esta mañá de venres por cortes da luz debido...