InicioSANTIAGODetida unha persoa en Santiago por un delito de malos tratos animais,...

Detida unha persoa en Santiago por un delito de malos tratos animais, tras atopar un can morto e outro en estado crítico

Detectouse no marco da investigación dun incendio.

Publicado o

Xornal de Compostela

A Policía Autonómica detivo a unha persoa en Santiago por un suposto delito de malos tratos continuados de animais, tras localizar, no marco da investigación dun incendio, unha gaiola cun can morto e outro en estado crítico.

Segundo informaron fontes da Xunta, o achado dos animais produciuse cando se investigaba un lume nunha leira na parroquia de Bando o mes pasado. Os axentes atoparon aos cans e comprobaron que os danos que presentaban non eran resultado das chamas, senón da falta de atención.

can que estaba vivo foi trasladado ao refuxio de animais de Bando para o seu tratamento veterinario, e as investigacións permitiron constatar incumprimentos graves por parte da persoa investigada durante anos. Así, os animais estaban permanentemente enxaulados, sen acceso a alimento nin auga, en instalacións cunha evidente falta de limpeza e hixiene, sen atención nin vixilancia adecuadas. Ademais, o can morto carecía do preceptivo microchip identificador.

As actuacións e dilixencias realizadas foron postas en coñecemento do xulgado de garda de Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

As vítimas do Alvia renuncian á marcha de Santiago 12 anos despois do accidente

Por primeira vez en doce anos, non haberá marcha nin acto de homenaxe ás...

The Rapants inauguran o ciclo ‘Atardecer no Gaiás’ con once concertos ata agosto

O ciclo de concertos Atardecer no Gaiás regresa este xoves á praza central da...

A Xunta remata as obras de reparación da cuberta do Hospital Psiquiátrico de Conxo

O antigo mosteiro de Conxo, actualmente utilizado como Hospital Psiquiátrico e xestionado pola Área...

O BNG defende un parque público de vivenda baseado no alugueiro como resposta á crise habitacional

O Bloque Nacionalista Galego presentará este martes en Santiago de Compostela as súas propostas...

A Xunta remata as obras de reparación da cuberta do Hospital Psiquiátrico de Conxo

O antigo mosteiro de Conxo, actualmente utilizado como Hospital Psiquiátrico e xestionado pola Área...

Detida no aeroporto da Lavacolla unha muller reclamada nos Estados Unidos por un crime en Filadelfia

A Policía Nacional detivo no aeroporto Rosalía de Castro de Santiago a Gerelys Sánchez-Reyes,...

O carril bici da rúa Roma entra en funcionamento tras a súa reordenación e conexión co de San Lázaro

O novo carril bici da rúa Roma xa está plenamente operativo despois de completarse...