InicioECONOMÍAAs non adscritas cuestionan a previsión de ingresos por multas nos orzamentos...

As non adscritas cuestionan a previsión de ingresos por multas nos orzamentos de Santiago

As concelleiras non adscritas iniciaron contactos co goberno local para negociar as contas deste ano e advertiron de que non apoiarán un incremento do 173% na recadación por sancións de tráfico sen informes técnicos que o avalen

Publicado o

Xornal de Compostela

As concelleiras non adscritas do Concello de Santiago de Compostela mantiveron este luns unha reunión co goberno local co obxectivo de abrir, nas vindeiras semanas, a negociación dos orzamentos municipais para este ano. Tras o encontro, o grupo expresou as súas dúbidas sobre algunhas das previsións de ingresos incluídas no borrador das contas, en especial a referida á recadación por multas de tráfico, que contempla un incremento do 173%.

O concelleiro Gonzalo Muíños reclamou a elaboración de informes técnicos que xustifiquen esa estimación, que cualificou de “esaxerada” e que, segundo indicou, “non responde a outro criterio que o recadatorio”. Nesta liña, avanzou que as non adscritas non están dispostas a apoiar unhas contas que incorporen esa previsión sen unha base técnica contrastada.

Muíños deu por descartada a posibilidade de avalar o documento orzamentario se se mantén ese aumento, ao considerar que non existen datos que o sustenten. “Non imos avalar, de ningún modo, un incremento así na recadación de multas”, afirmou, antes de engadir que, segundo a información dispoñible, “non sinalan ningún incremento do número de accidentes nin hai constancia de informes que falen de excesos de velocidade”.

Durante a reunión co Executivo local, as non adscritas tamén puxeron o foco noutras partidas de ingresos, como as derivadas das novas licenzas de taxi ou da taxa turística. Ao respecto, Muíños lembrou que se trata de conceptos “xa previstos” nas contas de 2025 que, segundo sinalou, “non se chegaron a materializar”.

No caso concreto da taxa turística, o edil indicou que solicitaron un informe económico que permita comprobar se os ingresos estimados son sostibles, tendo en conta que a súa aplicación comezou no mes de outubro. “Queremos saber se as cifras debuxadas polo goberno local son ou non son pura maquillaxe para que ingresos e gastos cadren”, sostivo.

A pesar das críticas, Gonzalo Muíños asegurou que as concelleiras non adscritas afrontan a negociación “coa mellor das vontades” e coa intención de chegar a un acordo co goberno municipal. Con todo, advertiu de que non darán o seu apoio a un orzamento que considere “inventado, con partidas sobredimensionadas e investimentos previstos que non chegan a materializarse”.

ÚLTIMAS

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

Falece o exconcelleiro socialista Carlos Nieves mentres se bañaba nunha praia do Grove

Carlos Nieves, concelleiro socialista do Concello de Santiago desde 1987 ata 2011, con algunhas...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

O PP reúne nove medidas para as familias que incorporará ao seu proxecto para Santiago

O Partido Popular de Santiago reuniu, coincidindo co inicio do curso escolar, nove propostas...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...