InicioECONOMÍAMaría Allegue critica que o Concello de Santiago leve "dous anos" sen...

María Allegue critica que o Concello de Santiago leve “dous anos” sen ceder parcelas para vivenda protexida

A conselleira de Vivenda anuncia a licitación do proxecto para 36 vivendas na Rúa Evaristo Nogueira e lembra que a nova normativa permite construír en chans dotacionais sen modificar o plan urbanístico

Publicado o

Xornal de Compostela

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Allegue, incidiu en que a Xunta “non entende” o motivo e que leva “xa dous anos” á espera de que o Concello de Santiago ceda parcelas públicas baleiras para que se constrúan vivendas protexidas. En declaracións aos medios de comunicación durante un acto en Santiago este martes, a titular autonómica manifestou que desde o Goberno galego “queren seguir coa construción de vivenda” na capital compostelá, pero que o consistorio non o permite.

“Levamos xa dous anos á espera de que o concello nos ceda parcelas da súa titularidade. Non entendemos o motivo de por que non se fai esta cesión”, subliñou Allegue, á vez que mencionou que en polo menos outros oito concellos xa se están levando a cabo obras. Por iso, recalcou que desde o goberno autonómico se articularon “medidas normativas” para axilizar a construción. Así, explicou que desde o 1 de xaneiro están en marcha “novas medidas”, concretamente nos chans dotacionais, para que “se poida construír vivenda pública protexida sen a necesidade de ter que modificar o plan“.

“Non hai tempo que perder”, subliñou Allegue ao referirse especificamente a unha parcela na Rúa Evaristo Nogueira Romero, en Santiago, onde a Xunta xa abriu a licitación de redacción do proxecto para a construción de aproximadamente 36 vivendas. Para a realización do proxecto, que conta cun investimento total de obra estimada de 7 millóns de euros, poderanse presentar ofertas ata o próximo 20 de febreiro. “Sabemos que non hai tempo que perder para dar cumprimento a esa demanda da nosa cidadanía e da nosa mocidade”, concluíu a conselleira.

ÚLTIMAS

O alcalde de Ames pide a dimisión do ministro de Transportes tras o accidente ferroviario de Urda

O alcalde de Ames, o socialista Blas García, reclamou a dimisión do ministro de...

Santiago prevé iniciar en 2027 o reparto de mercadorías mediante a plataforma loxística da cidade histórica

O Concello de Santiago de Compostela prevé que a nova plataforma loxística de distribución...

Cineuropa celebra os seus 40 anos en Santiago con máis de 150 películas, retrospectivas e homenaxes ao cinema internacional e galego

O festival Cineuropa cumprirá 40 edicións cunha programación de máis de 150 películas repartidas...

Mar Lorenzo é reelixida decana de Ciencias da Educación da USC para os próximos seis anos

A Facultade de Ciencias da Educación da USC continuará baixo a dirección de Mar...

O VIII Congreso Internacional Aeroespacial reúne en Santiago a máis de 200 representantes do sector

O VIII Congreso Internacional Aeroespacial (CIAG) reuniu no Palacio de Congresos de Santiago de...

O Concello aproba a rehabilitación do Palacete do Espiño por 1,2 millóns de euros

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns, 26 de...

Rosa Crujeiras reclama medidas para garantir o acceso á vivenda do estudantado universitario

A reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras, reclamou que se adopten...