InicioSANTIAGOA Xunta licita as obras de ampliación do IES Lamas de Abade...

A Xunta licita as obras de ampliación do IES Lamas de Abade e a renovación da cuberta do IES Rosalía de Castro

Educación inviste 2,1 millóns de euros en dúas actuacións previstas para 2026, enmarcadas no plan de nova arquitectura pedagóxica

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Galicia vén de licitar as obras de ampliación do Instituto de Educación Secundaria Lamas de Abade e de cambio da cuberta do IES Plurilingüe Rosalía de Castro, dúas actuacións que se desenvolverán en Santiago de Compostela ao longo do ano 2026. A través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, o Goberno galego destinará a estes traballos un investimento conxunto de 2,1 millóns de euros, no marco do plan de nova arquitectura pedagóxica.

No caso do IES Lamas de Abade, a intervención conta cun orzamento de 1,4 millóns de euros e permitirá incrementar a superficie do centro en preto de 500 metros cadrados. Segundo a planificación prevista, as obras executaranse ao longo do próximo ano e a súa finalización está fixada para comezos de 2027.

A ampliación ten como finalidade mellorar a capacidade e funcionalidade do instituto, que rexistra unha elevada demanda de prazas. O proxecto inclúe a creación de seis novas aulas ordinarias e dúas aulas de desdobre, co obxectivo de optimizar a organización docente e ofrecer espazos máis axeitados para a actividade educativa.

Pola súa banda, a segunda actuación licitada corresponde ao IES Plurilingüe Rosalía de Castro, cun investimento próximo aos 700.000 euros. Os traballos centraranse na substitución da cuberta actual, retirando a tella curva existente para instalar unha nova solución construtiva que mellore as condicións do edificio.

A intervención abrangue tamén a colocación de novos canlóns e baixantes, a substitución de catro xanelas tipo velux que permiten o acceso á cuberta nos faldóns interiores do claustro, así como labores de limpeza, impermeabilización e outros traballos complementarios destinados a garantir a conservación do inmoble.

ÚLTIMAS

O Concello anuncia que estuda adiar o acendido das luces do Nadal

A portavoz do Goberno Local, Míriam Louzao abordou esta mañá en rolda de prensa...

O Concello aproba a rehabilitación do Palacete do Espiño por 1,2 millóns de euros

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns, 26 de...

O PSOE pedirá no Pleno que se manteñan as paradas de autobús de Mallou na nova rede de transporte urbano

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela levará ao próximo Pleno municipal a...

O colectivo Pupa celebrará o 7 de novembro no Centro Xove da Almáciga a segunda edición de ‘Crisálide’ con música, danza, drag e instalacións...

O Centro Xove de Santiago de Compostela converterase o próximo sábado 7 de novembro...

Santiago acollerá por primeira vez a xornada estatal da Semana Europea da Robótica os días 26 e 27 de novembro

Santiago de Compostela converterase os próximos 26 e 27 de novembro na sede da...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...