InicioECONOMÍAA Mesa Xeral do Concello de Santiago aproba a actualización convenio regulador...

A Mesa Xeral do Concello de Santiago aproba a actualización convenio regulador para unha nova RPT

O pacto cos sindicatos inclúe o compromiso de elaborar unha nova RPT e a revisión das gratificacións por servizos extraordinarios, con efectos económicos desde 2026

Publicado o

Xornal de Compostela

A Mesa Xeral do Concello de Santiago, integrada polo goberno municipal e a representación sindical, deu luz verde na reunión celebrada hoxe á actualización do Acordo Regulador-Convenio Colectivo do persoal municipal. O obxectivo do acordo é adaptar o marco laboral ás necesidades actuais da administración local, á normativa vixente e á xurisprudencia aplicable.

O texto aprobado é froito dun traballo previo desenvolvido nunha comisión específica na que se analizou a situación do persoal de bombeiros e da Policía Local. A partir desa análise, as partes acadaron un compromiso para avanzar na elaboración dunha nova Relación de Postos de Traballo (RPT) e na actualización das gratificacións por servizos extraordinarios.

No relativo á RPT, o proceso iniciouse o pasado 15 de decembro e conta, na súa vertente metodolóxica, coa participación do grupo de investigación en Recursos Humanos e Rendemento da Universidade de Santiago de Compostela. Segundo o calendario previsto, os traballos concluirán no mes de xuño de 2026. Durante este período crearase un grupo de traballo no que estarán representadas as direccións de área, a coordinación xeral e as organizacións sindicais. Unha vez finalizada esta fase técnica, abrirase a negociación para culminar e aprobar a nova RPT, cuxa entrada en vigor terá efectos económicos desde o 1 de xaneiro de 2026, condicionados ás dispoñibilidades orzamentarias municipais.

O acordo alcanzado inclúe tamén a revisión das contías das gratificacións por servizos extraordinarios. Para un posto de nivel 18, que é o máis habitual na estrutura municipal, establécense importes que van desde os 23,73 euros por hora en xornada diúrna ata os 41,54 euros por hora nocturna en día festivo. Os incrementos entre as distintas franxas horarias fixáronse nun 25 % máis para as horas nocturnas, un 50 % para as horas diúrnas en festivo e un 75 % para as horas nocturnas en festivo.

Outra das novidades recollidas no pacto é a integración do plus de festividade no complemento específico, un concepto que ata o de agora se aboaba como gratificación por servizos extraordinarios. No caso dun posto C1 de nivel 18 con quendas cíclicas, esta modificación supón a incorporación fixa de 3.013,65 euros anuais ao complemento específico.

ÚLTIMAS

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

Falece o exconcelleiro socialista Carlos Nieves mentres se bañaba nunha praia do Grove

Carlos Nieves, concelleiro socialista do Concello de Santiago desde 1987 ata 2011, con algunhas...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

O PP reúne nove medidas para as familias que incorporará ao seu proxecto para Santiago

O Partido Popular de Santiago reuniu, coincidindo co inicio do curso escolar, nove propostas...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here