InicioSANTIAGOA Policía Local de Santiago queda con só dous axentes na quenda...

A Policía Local de Santiago queda con só dous axentes na quenda da mañá do domingo tras varias indisposicións

O Concello recorreu á concesionaria do túnel do Hórreo para garantir a vixilancia e evitar un novo peche nun contexto de conflito laboral polos horarios e as horas extra

Publicado o

Xornal de Compostela

A quenda da mañá deste domingo da Policía Local de Santiago de Compostela funcionou con só dous efectivos —un inspector e un oficial— malia que estaba previsto contar con oito axentes. A redución produciuse despois de que os outros seis policías comunicasen diferentes “indisposicións” ao longo da mañá.

Segundo explicou o Concello de Santiago, esta situación obrigou a adoptar medidas excepcionais para evitar un novo peche do túnel do Hórreo, que sería o cuarto nas últimas dúas semanas. Para garantir a vixilancia da infraestrutura, o goberno local recorreu á empresa concesionaria do mantemento do túnel, que mobilizou persoal propio para asumir esta tarefa, da que habitualmente se encarga a Policía Local desde a Sala de Pantallas.

Fontes municipais detallaron que os primeiros avisos se produciron antes do inicio da quenda, cando tres axentes comunicaron que non podían incorporarse. Posteriormente, pouco despois das 09:00, outros dous policías trasladaron a mesma circunstancia. Ao redor das 10:00, foi o responsable da Sala de Pantallas quen informou tamén dunha indisposición, deixando a quenda reducida a dous efectivos operativos.

Esta situación produciuse no marco do conflito laboral que manteñen a Policía Local e o corpo de Bombeiros co Concello polas súas condicións de traballo. Entre as principais reivindicacións figura a mellora da organización das quendas e, especialmente, a regulación das horas extra, das que se viña botando man para cubrir o déficit estrutural de persoal en determinados servizos.

As mesmas fontes indicaron que as negociacións entre o Goberno local e os representantes destes servizos municipaiscontinuarán nas próximas semanas. Un dos puntos centrais pendentes de acordo é a contía das horas extraordinarias, identificada como o principal foco de discrepancia cos sindicatos.

ÚLTIMAS

Unha saída de vía na AP-9 en Santiago obriga a cortar temporalmente un carril

Un accidente de tráfico rexistrado este martes na autoestrada AP-9, ao seu paso polo...

Muíños esixe ao Goberno de Santiago un plan para o Xacobeo 2027 a dous meses da apertura da Porta Santa

O concelleiro non adscrito Gonzalo Muíños reclamará ao Goberno de Santiago explicacións sobre os...

O Concello anuncia que estuda adiar o acendido das luces do Nadal

A portavoz do Goberno Local, Míriam Louzao abordou esta mañá en rolda de prensa...

Pedro Blanco propón un plan específico para impulsar o comercio local de Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, mantivo unha...

Santiago acollerá por primeira vez a xornada estatal da Semana Europea da Robótica os días 26 e 27 de novembro

Santiago de Compostela converterase os próximos 26 e 27 de novembro na sede da...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...