InicioSUCESOSOperación antidroga en dous pubs de Santiago: dous detidos e un cento...

Operación antidroga en dous pubs de Santiago: dous detidos e un cento de identificados

A operación tivo lugar no pub Stilo e no TNT

Publicado o

Xornal de Compostela

Unha operación policial desenvolvida na madrugada deste venres na zona do Ensanche de Santiago de Compostela saldouse cun centenar de persoas identificadas, varias actas relacionadas cos estupefacientes e dous detidos por situación irregular en España. En concreto, segundo confirmaron fontes policiais a Europa Press, levou a cabo de forma coordinada en dous establecementos de lecer nocturno da localidade, o pub Stilo e o TNT.

A primeira das intervencións tivo lugar ás 7:00 no pub TNT, situado na rúa Santiago de Chile do Ensache compostelán e, posteriormente, os axentes trasladáronse á rúa Fernando III O Santo. Alí, tal e como explicaron testemuñas oculares a Europa Press, media ducia de furgóns policiais, acompañados por varias patrullas da Policía Local, iniciaron un operativo sobre as 8:00 desta mañá no pub Stilo, onde os axentes permaneceron ata pasadas as 9:15.

Na intervención participaron unidades da UPR da Policía Nacional, unidades de Estranxeiría e tamén a Policía Local, que colaborou en asuntos administrativos.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

A Policía Nacional detén un home por roubar nunha xeadaría da Praza do Toural

A Policía Nacional detivo en Santiago de Compostela un home como presunto autor dun...