InicioSANTIAGOAMESO BNG de Ames reclama melloras sanitarias, patrimoniais e viarias nas súas...

O BNG de Ames reclama melloras sanitarias, patrimoniais e viarias nas súas emendas aos orzamentos da Xunta

A formación propón a ampliación do centro de saúde de Bertamiráns, a reconstrución da presa de Ponte Maceira e actuacións de seguridade na AC-544 e na AG-56

Publicado o

Xornal de Compostela

O BNG de Ames presentou unha serie de emendas aos orzamentos da Xunta para 2026 centradas en mellorar os servizos sanitarios, a conservación do patrimonio e a seguridade viaria no municipio. A portavoz nacionalista, Escarlata Pampín, destacou que a defensa da sanidade pública é unha das prioridades da formación e insistiu na necesidade de ampliar o Centro de Saúde e o PAC de Bertamiráns.

Segundo Pampín, o edificio actual “está obsoleto e non é funcional, ademais de estar sobrecargado en tódalas consultas”, polo que o BNG pide construír unha nova estrutura “ben dimensionada e acondicionada” no terreo xa cedido polo Concello. A concelleira subliñou que o centro non está preparado para atender nin á poboación actual nin á futura.

O grupo municipal nacionalista tamén inclúe entre as súas propostas a creación dun centro de día público terapéutico para persoas maiores, iniciativa que o BNG xa presentara en exercicios anteriores e que considera unha necesidade urxente ante o envellecemento da poboación amesá.

No ámbito patrimonial, Pampín advertiu do deterioro do conxunto histórico de Ponte Maceira, un dos principais atractivos turísticos e camiños de paso de peregrinos. O BNG reclama á Xunta executar o proxecto de reconstrución da presa, anunciado en 2023, e elaborar un plan integral de conservación que inclúa os antigos muíños, un deles xa parcialmente derruído.

As emendas nacionalistas tamén fan referencia á seguridade viaria, un asunto “reiteradamente denunciado” desde o Concello. O BNG demanda melloras na estrada AC-544, en especial no tramo de Reino, onde, segundo Pampín, “levamos dúas décadas reclamando solucións” ante a falta de sinalización e de pasos seguros para peóns. A formación inclúe ademais actuacións de ampliación e humanización na AC-453 (Roxos–Portomouro) e no corredor Pardiñas-As Galanas da AG-56, que considera imprescindibles para completar a “humanización do Milladoiro”.

Finalmente, o BNG volve reclamar a ampliación da planta de depuración de Sisalde, construída para unha poboación de 10.400 habitantes e xa insuficiente tras o crecemento demográfico dos últimos anos. Pampín defendeu que esta obra é “fundamental para garantir unha xestión axeitada das augas residuais e o equilibrio ambiental do concello”.

ÚLTIMAS

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

Falece o exconcelleiro socialista Carlos Nieves mentres se bañaba nunha praia do Grove

Carlos Nieves, concelleiro socialista do Concello de Santiago desde 1987 ata 2011, con algunhas...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

O PP reúne nove medidas para as familias que incorporará ao seu proxecto para Santiago

O Partido Popular de Santiago reuniu, coincidindo co inicio do curso escolar, nove propostas...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here