InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOLestegás reforza en Toledo a alianza entre cidades Patrimonio da Humanidade e...

Lestegás reforza en Toledo a alianza entre cidades Patrimonio da Humanidade e universidades impulsada pola USC

O encontro acordou novas liñas de cooperación en conservación, sustentabilidade e innovación urbana

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica de Santiago, Iago Lestegás, participou este venres en Toledo na reunión do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade coa Conferencia de Reitores e Reitoras das Universidades Españolas (CRUE). O encontro serviu para reforzar a alianza entre as universidades e as cidades con este recoñecemento da UNESCO, unha iniciativa que fora impulsada pola USC na asemblea celebrada en Compostela o pasado mes de marzo baixo presidencia do Concello.

O alcalde de Toledo, Carlos Velázquez, presidiu a sesión, na que destacou o convenio entre o Grupo de Cidades Patrimonio e a CRUE co obxectivo de “xerar sinerxías entre universidades e cidades para impulsar proxectos en materia de conservación do patrimonio, sustentabilidade e desenvolvemento urbano”. Pola súa banda, o presidente do Grupo e alcalde de Segovia, José Mazarías, cualificou o encontro de “punto de partida operativo” para promover accións concretas entre ambos ámbitos, especialmente na xestión sostible do turismo, a dixitalización e a adaptación ao cambio climático.

O reitor da USC e presidente do grupo universitario vinculado ao patrimonio, Antonio López, salientou que “as cidades e as universidades compartimos unha misión común: preservar o pasado para construír un futuro máis inclusivo”. Considerou que o convenio “é unha oportunidade para crear un ecosistema de aprendizaxe mutua e fortalecer a identidade e a proxección internacional das nosas cidades”. Entre as liñas de traballo acordadas figuran a formación de profesionais en xestión do patrimonio, a creación dun observatorio universitario sobre patrimonio e sustentabilidade, a organización de foros anuais de intercambio de coñecemento e o desenvolvemento de proxectos piloto de innovación urbana.

Tamén participou o reitor da Universidade de Castela-A Mancha, José Julián Garde, quen destacou a importancia do grupo de traballo “para poñer en común estratexias de conservación do patrimonio e promover un modelo de universidade comprometida coa súa contorna patrimonial”.

A reunión en Toledo celebrouse coincidindo co 40º aniversario da declaración da cidade como Patrimonio da Humanidade e da creación da Universidade de Castela-A Mancha, efemérides que, segundo Velázquez, “fan deste encontro un momento de celebración compartida e de renovación dos compromisos coa cultura e coa investigación”.

O presidente do Grupo, José Mazarías, lembrou que este 2025 tamén se conmemoran os 40 anos das primeiras declaracións patrimoniais da UNESCO —entre elas as de Santiago de Compostela, Ávila e Segovia— e os 30 anos da constitución do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, fundado en 1993 para coordinar políticas de defensa e posta en valor do patrimonio histórico e cultural común.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

A nova EDAR da Silvouta avanza na súa posta en marcha coa activación progresiva dos sistemas de tratamento

A nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da Silvouta, en Santiago de Compostela,...

A Semana do Patrimonio Invisible abrirá o Convento do Carme e As Orfas entre máis de 700 prazas en Compostela

Santiago de Compostela volverá abrir durante unha semana algunhas das portas que habitualmente permanecen...

O Concello limpa a Rocha Forte e prepara un contrato plurianual para o mantemento do xacemento

O Concello de Santiago completou este verán unha nova actuación de roza, limpeza e...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here