InicioSANTIAGOAMESO BNG reclama ao Estado o traspaso do antigo tramo ferroviario entre...

O BNG reclama ao Estado o traspaso do antigo tramo ferroviario entre Fraiz e A Moniña para crear unha senda verde en Ames

Os nacionalistas instan ao Goberno central e ao Concello a cumprir o acordo orzamentario e impulsar un proxecto de mobilidade sustentábel

Publicado o

Xornal de Compostela

O Bloque Nacionalista Galego pediu ao Goberno do Estado que amose “total disposición” para transferir ao Concello de Ames a titularidade do tramo ferroviario abandonado entre Fraiz e A Moniña, co fin de recuperar o espazo e transformalo nunha senda verde peonil.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, visitou o municipio acompañado da voceira municipal Escarlata Pampín e do resto de concelleiros nacionalistas. Durante o encontro, Rego subliñou que “o que no seu momento foi unha infraestrutura de transporte estratéxica converteuse nun antigo camiño de ferro en progresivo deterioro que está completamente abandonado”.

Co obxectivo de frear o abandono e poñer en valor o trazado ferroviario, o BNG rexistrou iniciativas parlamentarias nas que solicita que o Estado facilite o traspaso ao Concello e apoie a creación desta senda verde. “Trátase de pasar do deterioro á conservación e de darlle un uso útil e beneficioso para a veciñanza”, explicou o deputado.

Segundo Rego, a posta en marcha deste proxecto impulsaría un modelo de desenvolvemento respectuoso co medio, en consonancia coa Axenda 2030, e promovería a rehabilitación do patrimonio en desuso. Ademais, a creación de itinerarios para o tránsito peonil contribuiría “á mellora da calidade de vida, á promoción de hábitos saudábeis e ao fomento de alternativas de mobilidade non contaminantes”.

A voceira municipal do BNG en Ames, Escarlata Pampín, lembrou que esta actuación formaba parte do acordo político entre o BNG e o PSOE para a aprobación dos Orzamentos municipais, que saíron adiante coa abstención do grupo nacionalista. “Conseguir o traspaso figuraba no acordo político entre o BNG e o PSOE, pero a día de hoxe nada se sabe sobre as xestións que o goberno municipal realizou sobre o tema”, denunciou Pampín.

O BNG insta agora tanto ao Ministerio de Transportes como ao Concello de Ames a comprometerse coa iniciativa e iniciar as xestións necesarias para facer realidade unha senda verde que conecte Fraiz e A Moniña e transforme un espazo hoxe degradado nun recurso público para o lecer e a mobilidade sustentábel.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Garda Civil detén dúas persoas por roubos en garaxes comunitarios do Milladoiro

A Garda Civil, coa colaboración da Policía Local de Ames, detivo dúas persoas e...

Ángel Carracedo ingresará como académico de número na Real Academia Nacional de Medicina

O profesor Ángel Carracedo, veciño da parroquia amesá de Bugallido, foi elixido novo académico...

O BNG reclama á Xunta un plan urxente para corrixir as deficiencias estruturais dos centros educativos de Ames

A deputada do BNG no Parlamento galego, Saleta Chao, reclamou á Consellería de Educación...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here