InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO Sar, outra vez contaminado: as probas sinalan á nova depuradora da...

O Sar, outra vez contaminado: as probas sinalan á nova depuradora da Silvouta

A Xunta insta a "solucionar os problemas" ao goberno de Santiago, que sinala que Acuaes comunicou que espera que esta semana "se normalicen os procesos"

Publicado o

Xornal de Compostela

Técnicos de Augas de Galicia atribuíron a orixe de verteduras ao río Sar que afectan os municipios de Ames, Brión e Rois ás obras para a posta en marcha da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) da Silvouta, en Santiago de Compostela. Segundo informou nun comunicado a Consellería do Medio Ambiente, técnicos do programa de control de verteduras (PCV) de Augas de Galicia desprazáronse á zona tras recibir varios avisos relacionados cun suposto vertido ao Sar.

Durante a súa primeira inspección, o departamento autonómico sostén que se puido comprobar que a orixe do foco estaba na EDAR da Silvouta, infraestrutura que, agrega, segundo lles trasladou a empresa encargada da súa xestión, “desde a semana pasada está en período de posta en marcha, pero sen contar aínda co tratamento necesario para que poida operar con normalidade”. Esta circunstancia, continúa, explicaría a afección detectada ao dominio público hidráulico e tamén sería a razón pola que o efluente da depuradora amosa un aspecto “moi turbio, marrón e con cheiro a augas fecais”, segundo constataron os técnicos.

Tras recibir un novo aviso e comprobar ‘in situ‘ que a situación non cambiara, Augas, indica Medio Ambiente, que apunta que o Concello de Santiago é “propietario” da infraestrutura e debe “solucionar canto antes os problemas”, volveuse dirixir ao persoal responsable da xestión da EDAR. Fíxoo para “insistir na importancia de levar a cabo actuacións de mellora” no tratamento das augas residuais que recibe. Así mesmo, enviou tamén unha comunicación escrita ao Concello de Santiago para insistir en que “solucione este problema canto antes”.

Mentres tanto, o organismo público hidráulico levará a cabo un seguimento telefónico diario para comprobar a evolución do tratamento da EDAR compostelá, programando inspeccións cada vez que se indique un cambio no mesmo ou na afectación ao Sar, tomando as mostras pertinentes para obter resultados analíticos e procedendo a dar traslado á área de verteduras para os efectos administrativos oportunos.

ACUAES

Pola súa banda, fontes do goberno de Santiago, que dirixe a nacionalista Goretti Sanmartín, explicou que a sociedade mercantil estatal Augas das Concas de España (Acuaes), que está a executar as obras da nova depuradora, informou ao Concello “de problemas na posta en servizo da primeira fase da EDAR”. Na mesma comunicación, o Concello explica que Acuaes indicou que “espera que esta semana se normalicen os procesos e que lembra a situación provisional das instalacións.

O GOBERNO DE AMES QUERE TER INFORMACIÓN

Por outra banda, fontes do goberno de Ames, que dirixe o socialista Blas García, trasladaron, a consultas de Europa Press, que, á espera de formalizar unha denuncia ante o Seprona, mantiveron contactos coa Policía Autonómica e a Garda Civil. Tamén queren que Augas de Galicia lles traslade datos e os informes sobre a análise das verteduras correspondentes.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

Unha vintena de sindicalistas da CIG, UFT e CC.OO. concentráronse esta mañá de xoves...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

O CIFP Compostela transformou en compost case 10 toneladas de residuos orgánicos ao longo de 2025

O CIFP Compostela transformou durante o ano 2025 un total de 9.750 quilos de...

O Museo Catedral de Santiago pecha 2025 cun novo récord de visitantes

O Museo Catedral de Santiago pechou o ano 2025 cun total de 446.518 visitantes,...

Os socialistas piden ao Goberno local a reposición da escultura ‘Maternidade’ e da placa histórica de Área Central en Fontiñas

O Grupo Municipal Socialista de Santiago trasladou esta mañá a súa preocupación pola ausencia...