InicioSANTIAGOUn estudo internacional con participación da USC alerta de que a Terra...

Un estudo internacional con participación da USC alerta de que a Terra alcanzou o seu primeiro punto de non retorno climático

O investigador Sebastián Villasante, de EqualSea Lab (CRETUS-USC), forma parte do grupo que colabora coa Presidencia da COP30 para incluír estes riscos na axenda mundial

Publicado o

Xornal de Compostela

A USC participa nun estudo internacional liderado pola Universidade de Exeter que advirte de que o planeta xa superou o seu primeiro punto de non retorno climático, ao estar o quecemento global a piques de rebasar os 1,5 °C. O informe, publicado este luns 13 de outubro, alerta de que a Terra se atopa agora “perigosamente preto” doutras situacións límite, como o retroceso irreversible das capas de xeo, a degradación do Amazonas ou o colapso de correntes oceánicas vitais.

Un dos exemplos máis visibles é o dos arrecifes de coral de augas cálidas, que están morrendo a un ritmo sen precedentes. Mesmo se a temperatura global se estabilizase en 1,5 °C, máis do 99 % destes ecosistemas poderían colapsar, segundo o documento.

Entre o grupo de 160 científicos e científicas de 87 institucións e 23 países que asinan o informe atópase o profesor Sebastián Villasante, director de EqualSea Lab (CRETUS-USC) e Investigador Distinguido de GAIN-Xunta de Galicia. O equipo está a colaborar coa Presidencia da COP30, que se celebrará en 2025 en Belém (Brasil), para garantir que os chamados “puntos de inflexión” climáticos sexan incorporados á axenda política global. A elección de Belém é especialmente simbólica por situarse no corazón da Amazonía, unha das zonas máis afectadas pola crise ambiental.

A pesar do panorama descrito, o estudo tamén destaca que “a solución está ao noso alcance”, sempre que a sociedade e os gobernos actúen de forma coordinada. As persoas autoras sinalan que o cambio só será posible se se combinan “valentía política, cooperación social e liderado global”, impulsando un “esforzo colectivo” —denominado Mutirão— para acelerar a acción climática.

O informe propón activar puntos de inflexión positivos, como a expansión das tecnoloxías verdes (solar, eólica ou vehículos eléctricos), que xa demostraron poder substituír opcións contaminantes por alternativas máis baratas e eficientes. Ademais, a acción política coordinada en sectores estratéxicos como a enerxía, o transporte e a calefacción podería xerar “cascadas de cambio positivo”, segundo recollen as conclusións.

Desde EqualSea Lab (USC) insisten en que a velocidade con que se están alcanzando estes límites é moito maior do previsto, e que o cambio necesario debe ser “sen precedentes, porque o que nos xogamos é a habitabilidade do planeta Terra”.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

Funcionarios de Xustiza denuncian “explotación laboral” nos xulgados de Fontiñas

Funcionarios do xulgado de instancia de Santiago de Compostela concentráronse este xoves diante dos...

Santiago acolle o Foro Galego de Cooperación e Solidariedade con chamamentos a reforzar o compromiso institucional

O Centro de Recursos e Servizos de Apoio Empresarial (CERSEA), en Santiago de Compostela,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here