InicioPOLÍTICAO PSOE de Santiago reclama un protocolo urxente para animais perigosos no...

O PSOE de Santiago reclama un protocolo urxente para animais perigosos no refuxio de Bando tras o ataque de onte

O grupo socialista pide unha sesión extraordinaria do padroado e reclama formación específica para o persoal do centro

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local a aprobación inmediata dun protocolo específico para o manexo de animais potencialmente perigosos no refuxio municipal de Bando, despois de que un novo ataque deixase ferido a un traballador do centro. Trátase do segundo incidente en poucos días, o que, segundo os socialistas, “evidencia que a situación é insostible”.

A concelleira Marta Abal expresou o seu apoio ao traballador afectado e desexoulle unha rápida recuperación, ao tempo que lembrou as propostas presentadas polo seu grupo no último padroado. Entre elas, destacou a necesidade de aprobar con urxencia un protocolo de actuación e de implantar formación obrigatoria e especializada para o persoal que traballa coas e cos animais do refuxio.

O PSOE solicitará ademais que se convoque unha sesión extraordinaria do padroado de Bando para abordar a situación, aprobar o novo protocolo e garantir recursos destinados á formación. “Non se pode seguir mirando para outro lado”, advertiu Abal, que insistiu en que é responsabilidade do Goberno municipal “garantir de inmediato a seguridade das persoas e o benestar dos animais” no centro.

ÚLTIMAS

‘A Santa’ de Asorey regresará a Galicia cen anos despois da súa creación

A Xunta de Galicia trasladará desde Uruguai a escultura 'A Santa', unha das obras...

Santiago entrega a Alba de Compostela nun acto dedicado a “todas” as vítimas do franquismo

O Concello de Santiago entregou este 25 de xullo, por cuarto ano consecutivo, as...

A USC reconstrúe dixitalmente a ‘Raíña Orante’ do mestre Mateo

Un proxecto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Centro de Investigación...

Santiago vive un multitudinario Día de Galicia entre tradición, política e festa

Como cada 25 de xullo, Santiago de Compostela celebrou o Día Nacional de Galicia...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here