InicioECONOMÍAO GDR Terras de Compostela presenta a campaña ‘Comedores Responsables KM0’ para...

O GDR Terras de Compostela presenta a campaña ‘Comedores Responsables KM0’ para impulsar o consumo local

Publicado o

Xornal de Compostela

A sede do GDR Terras de Compostela acolleu este mércores a presentación oficial do programa Comedores Responsables KM0, unha campaña pioneira en Galicia que pretende favorecer a incorporación de produtos de proximidade e de tempada nos comedores colectivos. A iniciativa está coordinada pola Asociación Terras de Compostela e conta con financiamento da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) a través dun convenio cos GDR. Desenvolverase ao longo dos anos 2025, 2026 e 2027.

No acto participaron representantes da Xunta de Galicia e do propio GDR, entre eles Paz Rodríguez Rivera, directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural; M. Guarina Rey Vázquez, presidenta do GDR Terras de Compostela; Chefa Fernández, xerente do GDR; Sagrario Pérez Castellanos, subdirectora xeral de Estilos de Vida Saudables da Consellería de Sanidade; e Francisca Gago Guillán, subdirectora de Relacións cos GDR.

O proxecto está aliñado coa estratexia europea Da Granxa á Mesa e co Real Decreto 315/2025, que obriga a partir de abril de 2026 a que os comedores escolares inclúan unha porcentaxe significativa de froitas e verduras frescas, locais e de tempada. Neste contexto, Comedores Responsables KM0 pretende acompañar escolas, residencias e outros centros na adaptación á nova normativa, ofrecendo información, formación e apoio na xestión.

A presidenta do GDR Terras de Compostela destacou que o programa é “unha oportunidade para dinamizar o noso medio rural, reforzando o papel dos produtores locais, pequenos transformadores e empresas agroalimentarias, ao tempo que se promove unha alimentación máis saudable para a cidadanía”.

A campaña estrutúrase en tres piares: priorizar o consumo local fronte ao global, apoiar o desenvolvemento económico e social do rural galego e fomentar un modelo de consumo sostible que contribúa a unha sociedade máis sa.

Os GDR salientaron tamén o carácter colectivo da proposta, baseada en sinerxías entre administracións, centros educativos, produtores e familias, co obxectivo de avanzar cara a un modelo alimentario máis equilibrado. Ademais, en outubro celebraranse presentacións en cada un dos Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia para dar a coñecer os detalles a todos os colectivos implicados.

ÚLTIMAS

Comeza unha nova etapa de mobilidade en Compostela: ábrese o prazo para adxudicar 29 novas licenzas de taxi

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou este luns as bases reguladoras...

‘A Santa’ de Asorey regresará a Galicia cen anos despois da súa creación

A Xunta de Galicia trasladará desde Uruguai a escultura 'A Santa', unha das obras...

Luz verde a máis de 1 millón de euros para actuacións en concellos do Camiño Francés

O Goberno galego aprobou este luns un acordo que autoriza a firma dun novo...

Reabre a vía convencional Santiago-Ourense tras extinguirse o lume en Boborás

A circulación ferroviaria interrompida entre O Carballiño e O Irixo, que afectou os trens...

A USC lanza un plan para aliviar a presión da vivenda universitaria en Santiago e Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela presentou este venres o seu novo Plan Social...

Dúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período vacacional xunto a outra de Ferrol

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou un estudo sobre as gasolineiras máis...

Persoal do transporte de mercadorías reclama un “convenio provincial digno” en Santiago

Persoal do transporte de mercadorías por estrada, convocado polos sindicatos CCOO, CIG e UGT,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here