InicioECONOMÍAAutorizada a licitación para a obra da liña eléctrica da nova EDAR...

Autorizada a licitación para a obra da liña eléctrica da nova EDAR da Silvouta en Santiago

O proxecto, cun orzamento de máis de 2 millóns de euros, forma parte dunha infraestrutura maior para mellorar o tratamento de augas residuais

Publicado o

Xornal de Compostela

O Consello de Administración da sociedade estatal Acuaes, pertencente ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, deu luz verde á licitación das obras da conexión eléctrica necesaria para a nova estación depuradora de augas residuais da Silvouta. A obra, cun orzamento de 2.123.676 euros e un prazo de execución de 13 meses, é crucial para o funcionamento da planta que se está construíndo para tratar as augas e eliminar as verteduras ao río Sar.

A nova liña eléctrica de media tensión, con capacidade de 2900 kW, abastecerá enerxeticamente a depuradora garantindo a súa operatividade tanto no presente como a futuro. A liña terá un trazado totalmente soterrado ao longo de 2,5 quilómetros, proporcionando seguridade e reducindo o impacto visual e as molestias ao ambiente circundante. Adicionalmente, incluirase unha liña de socorro para reforzar a fiabilidade do sistema.

Actualmente, as obras da EDAR están concentradas nas escavacións para os recintos de pretratamento e decantación primaria, procedendo ao desvío dos colectores existentes que interfiran na construción. En maio comezarase coa colocación dos formigóns destes elementos, empezando pola construción do pozo de grosos, que terá máis de 12 metros de profundidade.

Cando rematen, previso para mediados de 2026, a nova planta de tratamento aumentará a capacidade de depuración ata 52.000 metros cúbicos diarios e mellorará significativamente a eliminación de contaminantes como o nitróxeno e o fósforo.

Este proxecto recibirase un 80% de cofinanciamento a través dos fondos europeos Next Generation, administrados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica, mentres que o resto do financiamento será proporcionado pola Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia, e polo propio Concello de Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...