InicioSen categorizarSantiago activa bolsas para terapias infantís e produtos sen glute

Santiago activa bolsas para terapias infantís e produtos sen glute

As axudas municipais cubrirán ata o 90% dos tratamentos, cun máximo de 1.200 euros por menor

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago puxo en marcha unha nova convocatoria de bolsas dirixidas a familias con menores que precisan apoio terapéutico ou que padecen celiaquía. A iniciativa, aprobada pola Xunta de Goberno e presentada pola concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, conta cun orzamento de 70.000 euros para este 2025.

As axudas permitirán sufragar servizos como atención psicolóxica, logopedia, terapia ocupacional ou atención temperá, entre outros. Tamén se contempla o financiamento da alimentación sen glute para nenos e nenas con celiaquía, dada a diferenza de prezo destes produtos respecto aos habituais.

Segundo explicou Rozas, a convocatoria busca garantir a igualdade de oportunidades: “Moitas familias non poden asumir os custos que supón que un menor reciba a atención profesional que necesita. Con esta liña de bolsas queremos que todos os nenos e nenas teñan acceso temperán a tratamentos fundamentais para o seu desenvolvemento”.

As axudas cubrirán ata o 90% do gasto, cun límite máximo de 1.200 euros por menor, e poderán xustificarse os tratamentos realizados entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2025. Os beneficiarios deberán estar empadroados en Santiago, acreditar a necesidade terapéutica mediante informe dun profesional colexiado ou a condición de celíaco, e ter unha renda anual familiar inferior a 36.000 euros (cinco veces o IPREM en 12 pagas).

O prazo de presentación será de 10 días hábiles a partir da publicación no Boletín Oficial da Provincia, e a tramitación deberá facerse a través da sede electrónica municipal ou do Rexistro Electrónico Xeral da rede SARA. Desde o departamento de Servizos Sociais habilitarase un servizo de atención para resolver dúbidas e acompañar ás familias no proceso de solicitude.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Erguer convoca unha asemblea na Facultade de Dereito tras a aprobación dos novos horarios do grao

O sindicato estudantil Erguer vén de convocar unha asemblea aberta do estudantado da Facultade...

O PP de Santiago denuncia o deterioro da Rúa do Carballo e reclama actuacións inmediatas

O líder do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, visitou a Rúa do Carballo,...

Compostela inicia a organización dos actos do Orgullo LGBTIQ+ previstos para finais de xuño

O grupo de traballo LGBTIQ+, dependente do Consello Municipal de Igualdade, comezou xa os...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here