InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOA recollida de aceite usado en Santiago evita a contaminación de máis...

A recollida de aceite usado en Santiago evita a contaminación de máis de 4 millóns de litros de auga

En dous meses depositáronse 4.040 quilos deste residuo, que se transformarán en biocarburante

Publicado o

Xornal de Compostela

A veciñanza de Santiago de Compostela recolleu un total de 4.040 quilos de aceite doméstico usado nos meses de xuño e xullo, primeiros de funcionamento dos novos colectores instalados polo Concello. Segundo os datos da área de Servizos Básicos e Sustentabilidade, que dirixe Xesús Domínguez, esa cantidade supón evitar a contaminación de arredor de 4.444.000 litros de auga e permitirá xerar biocarburante co que se reducirán en 12,12 toneladas as emisións de CO₂.

O sistema estreouse en xuño con 1.900 quilos de aceite recollido, cifra que se incrementou en xullo ata os 2.140 quilos. Para facilitar a separación deste residuo, o Concello instalou máis de 70 colectores a pé de rúa en diferentes barrios da cidade, sen esquecer a recollida que continúa a realizarse nos centros socioculturais.

O concelleiro Domínguez destacou que “os primeiros datos son moi positivos” e valorou a implicación cidadá, lembrando que o aceite debe depositarse sempre en botellas pechadas. Tamén animou á veciñanza a seguir utilizando estes puntos de recollida para contribuír á protección ambiental.

A normativa estatal obriga ás entidades locais a establecer a recollida separada de aceite vexetal usado, como recolle a Lei 7/2022, de residuos e solos contaminados para unha economía circular. O obxectivo é favorecer a reutilización e o reciclado de alta calidade, xa que o aceite usado pode empregarse non só na fabricación de biodiésel, senón tamén en sectores como a cosmética, as pinturas e vernices ou a produción de velas.

As verteduras polo sumidoiro, ademais de contaminar a auga —un só litro pode afectar a 1.000 litros—, provocan problemas nos procesos de depuración e atrancos nas tubaxes, tanto municipais como particulares. A aposta pola separación en orixe, subliñan desde o Concello, é esencial para previr estes impactos negativos e dar un novo uso a un residuo moi contaminante.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

O Arquivo da Catedral de Santiago abre as súas portas polo Día Internacional dos Arquivos

O Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago abrirá as súas portas á cidadanía entre o...

‘Compostela nocturna, mírame!’ trasládase a Cornes para achegar á veciñanza o futuro proxecto de iluminación da Catedral

A exposición 'Compostela nocturna, mírame!' continúa o seu percorrido pola cidade e instalarase desde...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here