InicioSOCIEDADEAs estatuas do Mestre Mateo volverán a Santiago: os Franco acatan a...

As estatuas do Mestre Mateo volverán a Santiago: os Franco acatan a orde do Supremo

A familia comunica por carta que as esculturas están listas para ser recollidas e pide coordinar a súa entrega.

Publicado o

Xornal de Compostela

Os Franco asumiron de forma “voluntaria” a condena imposta polo Tribunal Supremo para restituír as estatuas atribuídas ao Mestre Mateo que formaban parte do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago. Deste xeito, as esculturas están a disposición “inmediata” do Concello no lugar no que están situadas, é dicir, o Pazo de Meirás.

Así o traslada unha carta remitida polo avogado da familia a Raxoi, segundo adiantou este mércores ‘elDiario.es’ e confirmou a alcaldesa, Goretti Sanmartín, en declaracións á prensa. “Claudican na súa batalla de seguir sendo os donos das estatuas dos profetas do pórtico, que evidentemente non lles pertencen”, asegurou.

Neste contexto, Raxoi inicia senllos procedementos para realizar a recollida das estatuas e depositalas nun lugar provisional, así como para atopar un espazo permanente para a súa exposición posterior.

Sanmartín celebrou este mércores como “un día grande” para o Concello e a sociedade civil no seu conxunto: “Comezamos a conta atrás para materializar o regreso, a volta dos profetas do Pórtico.

Neste sentido, trasladou “agradecementos” aos colectivos a prol da memoria histórica implicados no procedemento, como a asociación Ou Sorriso de Daniel. Estendeu estas felicitacións a todas as persoas que colaboraron no proceso, entre elas o alcalde que “iniciou esta loita”, Martiño Noriega, Xosé Sánchez Bugallo, que “continuou con ela” e o persoal da asesoría xurídica e o servizo patrimonial do municipio.

RECOLLIDA DAS ESTATUAS E EXPOSICIÓN PERMANENTE

O documento, compartido por Noriega en ‘X’, insta a que se coordine “o máis axiña posible” a recollida das figuras de Isaac e Abraham. Así mesmo, solicita que sexa remitida a correspondente proposta de tasación de costas ou, no seu caso, o Concello comunique a contía procedente segundo os baremos legais.

Para iso, Raxoi abriu este mércores un procedemento para para traer as estatuas da “maneira máis rápida posible” e a súa instalación nun lugar provisional. Preguntada pola posibilidade dunha licitación, Sanmartín informou que esta cuestión dependerá da valoración económica realizada.

A este respecto, a alcaldesa apuntou que a súa vontade é que isto se faga “o máis rápido posible”, aínda que sexa “difícil” facer unha estimación concreta” da data do traslado. “Cando teñamos un pouco definido cal pode ser o camiño para facelo, escolleremos o que sexa máis rápido, pero tamén o que teña todas as garantías”, asegurou.

Ao mesmo tempo, o Concello está en contacto con persoas expertas para definir o lugar permanente no que estarán situadas as esculturas. Valoraranse tanto as condicións técnicas para a súa conservación, como que a súa exposición ao público. Deste xeito, as figuras estarán acompañadas dunha explicación sobre “todo o que foi un longo proceso de loita para conseguir este regreso”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

A nova EDAR da Silvouta avanza na súa posta en marcha coa activación progresiva dos sistemas de tratamento

A nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da Silvouta, en Santiago de Compostela,...

A Semana do Patrimonio Invisible abrirá o Convento do Carme e As Orfas entre máis de 700 prazas en Compostela

Santiago de Compostela volverá abrir durante unha semana algunhas das portas que habitualmente permanecen...

O Concello limpa a Rocha Forte e prepara un contrato plurianual para o mantemento do xacemento

O Concello de Santiago completou este verán unha nova actuación de roza, limpeza e...