InicioMOV. SOCIAISSumar insta á Xunta a declarar Santiago como zona tensionada ante a...

Sumar insta á Xunta a declarar Santiago como zona tensionada ante a crise de vivenda

A formación denuncia a expulsión da mocidade e critica o modelo urbano do PP centrado no turismo e na especulación

Publicado o

Xornal de Compostela

A chegada de xullo marcou, un ano máis, o inicio dunha das etapas máis difíciles para milleiros de estudantes en Santiago de Compostela: a busca de piso para o vindeiro curso académico. Porén, nesta ocasión, a situación vese agravada por un incremento sen precedentes nos prezos do alugueiro, colas dende primeira hora nas inmobiliarias e unha oferta escasa, con vivendas que, segundo denuncian colectivos como Sumar Terras de Compostela, presentan condicións “insalubres” e importes que superan os mil euros.

A organización sinala que a capital galega cumpre todos os requisitos establecidos pola Lei estatal de Vivenda para ser declarada zona tensionada, e insta á Xunta de Galicia a emitir de inmediato o informe favorable que recoñeza esta realidade. O Concello xa solicitou esta declaración, mais o goberno autonómico, encabezado por Alfonso Rueda, mantén o silencio. “O retraso na declaración é un acto político que prioriza intereses especulativos e turísticos fronte ás necesidades reais da xente”, afirman dende Sumar.

Segundo datos do Instituto Galego de Estatística, máis do 30 % da poboación moza residente en Santiago vese na obriga de marchar a concellos limítrofes como Teo, Ames ou Brión, onde os prezos tamén están a medrar. Este desprazamento da veciñanza, especialmente da mocidade, está vinculado ao que Sumar identifica como un modelo de cidade baseado no turismo masivo, a proliferación de residencias privadas e a especulación inmobiliaria, promovido polo Partido Popular.

“Séguense a converter os pisos en hoteis e os barrios en escaparates turísticos. A cidade perde alma, perde veciñanza e perde dereitos”, advertiu Luisa Pasín, voceira do grupo. A situación afecta especialmente ao colectivo estudantil, que se ve expulsado por non poder competir coas rendas do mercado. “Pisos con humidades, sen luz natural ou con espazos improvisados por máis de mil euros ao mes. Xa non queda sitio para estudar nin vivir con dignidade en Santiago”, engadiu.

Sumar defende un modelo de cidade pensado para quen a habita, non para quen a visita. “Cremos que as cidades deben ser para quen as viven”, concluíu Pasín, reclamando unha resposta inmediata por parte da Xunta para frear a degradación da vida residencial en Compostela.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O profesorado axudante doutor da USC denuncia o bloqueo das súas prazas de estabilización e esixe unha solución á Xunta

A Plataforma de Profesorado Axudante Doutor da USC denunciou este martes a situación de bloqueo...

O sindicato estudantil Fervenza celebra en Santiago a súa II Asemblea Nacional e fixa as súas próximas mobilizacións

O sindicato estudantil Fervenza celebrou este pasado sábado, 17 de outubro, a súa II...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here