InicioCULTURAAndrea Nunes presenta 'Mapa da estría' en Compostela para celebrar o Día...

Andrea Nunes presenta ‘Mapa da estría’ en Compostela para celebrar o Día do Orgullo Galego

O acto terá lugar este sábado na Horta das Chas, coa participación de Ana Romaní e Alba María, e incluirá unha homenaxe a María Salvado

Publicado o

Xornal de Compostela

A editorial Chan da Pólvora celebrará este sábado 28 de xuño o seu aniversario e o Día do Orgullo Galego cun acto literario na Horta das Chas, situada na Corredoira das Fraguas de Santiago de Compostela. O evento, que dará comezo ás 19:00, servirá de escenario para a presentación de Mapa da estría, o novo poemario de Andrea Nunes Brións, nun encontro conducido pola xornalista e poeta Ana Romaní, e que contará tamén coa participación da cantante e escritora Alba María.

A xornada terá tamén un marcado carácter reivindicativo e conmemorativo, xa que a data coincide coa aprobación en 1936 do primeiro estatuto de autonomía de Galicia e co Día Internacional do Orgullo LGTBI. Nesta liña, Chan da Pólvora mantén o compromiso iniciado en 2016 de sinalar cada 28 de xuño como unha ocasión para reivindicar identidades, pluralidade e memoria. Foi precisamente un 28 de xuño cando a editorial se presentou publicamente coa edición de Querido Eduardo, cartas entre Suárez Picallo e Blanco Amor. Desde entón, esta celebración serviu tamén para lembrar a figuras como García Lorca, Safo, Sor Juana Inés de la Cruz ou Antón Fortes a través da colección Rabo de Egua, dedicada á poesía das identidades.

Mapa da estría constitúe unha nova aposta de Andrea Nunes pola poesía de autoficción e a exploración das identidades disidentes. Nese percorrido poético, a autora ofrece unha viaxe marcada polas experiencias vitais e culturais vividas en territorios como Vietnam, Guinea Bissau, China, India ou México, sempre desde unha perspectiva que combina o desarraigo, a lingua e a resistencia emocional. O libro está dedicado a María Salvado López, unha das impulsoras da editorial e da Horta das Chas, falecida o pasado mes de novembro. As súas cinsas repousan hoxe ao pé dunha oliveira no propio recinto, plantada este mes de xuño.

A homenaxe a María Salvado ocupará tamén un lugar destacado na xornada. Nacida en Budiño, no concello do Pino, e falecida en Compostela en 2024, Salvado foi unha figura clave da renovación pedagóxica galega desde os anos sesenta, inspirada nas propostas de Célestin Freinet. Defensora dunha escola pública e democrática, sempre vinculou a súa traxectoria á loita social e comunitaria, valores que tamén inspiraron a creación da Horta das Chas como espazo “eco-poético”.

ÚLTIMAS

O PP acusa ao goberno do BNG de vetar por segundo ano a concentración de coches clásicos no Obradoiro

O Club Galego de Automóbiles Antigos volverá quedar fóra das celebracións do Apóstolo en...

O Arcebispo inaugura en Santiago a escultura ‘Homeless Jesus’, símbolo da compaixón cos excluídos

O xardín da Oficina de Acollida do Peregrino, en Santiago de Compostela, conta desde...

O PSdeG solicita no Pleno un plan para arranxar as beirarrúas deterioradas de Fontiñas

O Grupo Municipal Socialista levará ao Pleno do Concello de Santiago unha proposta para...

Sanmartín xustifica a demora na taxa turística, alegando que “hai que escoitar ao sector”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, xustificou este luns que o prazo para a...

Santiago converteuse no escaparate do queixo galego no Cheese Market Tour

O claustro da Hospedaría de San Martín Pinario, no corazón de Santiago de Compostela,...

O Día do Traxe Galego celebra en Santiago o seu desfile, por primeira vez desde as sete portas históricas da cidade

A 46ª edición do Día do Traxe Galego ocupou este domingo o centro das...

Santiago de Compostela acolle o tradicional desfile do Día do Traxe Galego

O Día do Traxe Galego celebrará este domingo a súa 46ª edición en Santiago...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here