InicioSUCESOS(VÍDEO) Arde un vehículo na SC-20 en Conxo e provoca retencións, pero...

(VÍDEO) Arde un vehículo na SC-20 en Conxo e provoca retencións, pero sen feridos

O incendio dun coche xerou unha intensa fumareda e obrigou a intervir aos bombeiros e á Garda Civil

Publicado o

Xornal de Compostela

Un vehículo ardeu ao mediodía deste martes na estrada SC-20, nas inmediacións da rotonda do Milladoiro, á altura do barrio compostelán de Conxo, causando importantes retencións de tráfico e unha densa columna de fume, aínda que non houbo que lamentar vítimas.

Segundo informou o 112 Galicia, o suceso ocorreu pouco antes das 12:00 e non provocou danos persoais, malia a alarma xerada entre os condutores que circulaban por este tramo da estrada que conecta Santiago co sur da comarca. O tráfico viuse afectado temporalmente na zona mentres se procedía á extinción do lume e á retirada do vehículo afectado.

Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Santiago, que lograron sufocar as lapas, así como efectivos da Garda Civil, que regulaban o tráfico e aseguraban a zona. O fume xerado polo incendio foi visible desde distintos puntos da contorna, o que provocou inquietude entre a veciñanza e os condutores.

ÚLTIMAS

United Airlines manterá en 2027 a conexión entre Santiago e Nova York

O Concello de Santiago valorou como unha "moi boa noticia" a decisión de United...

Unha nova investigación descifra a ‘Odisea’ agochada na Catedral de Santiago

Unha nova investigación de Francisco Prado-Vilar, profesor da USC e investigador do CISPAC, propón...

Verea ameaza con bloquear as novas tarifas de autobús se eliminan a gratuidade para o xubilados

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, advertiu este mércores de que...

Pedro Blanco reclama a comparecencia de Goretti Sanmartín no Pleno polo caso de Fly2Galicia

O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, anunciou que o Grupo Municipal...

A luz queda restablecida no centro de Santiago tras unha avaría que afectou a uns 200 usuarios

A subministración eléctrica quedou completamente restablecida este venres no centro de Santiago despois dunha...

Dous feridos logo de envorcar o seu vehículo e quedar atrapadas no seu interior en Santiago

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá nun accidente no coche co que circulaban por...

Catro menores feridos nunha colisión frontal en Teo

Catro menores de idade resultaron feridos de diversa consideración na tarde deste xoves tras...