InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIO'O Ulla si' visibiliza a oposición veciñal ao proxecto de Altri en...

‘O Ulla si’ visibiliza a oposición veciñal ao proxecto de Altri en Palas de Rei

O documental, que se proxecta este domingo en Santiago, recolle testemuños e mobilizacións contra a fábrica de celulosa

Publicado o

Xornal de Compostela

O documental O Ulla si chega este domingo a Santiago de Compostela cunha sesión especial no cine Númax, ás 17:35 horas, para mostrar a oposición cidadá ao proxecto industrial da empresa Altri no municipio lucense de Palas de Rei. A proxección inclúe un coloquio con integrantes da Plataforma Ulloa Viva, colectivo ao que se destinará integramente a recadación do evento.

A peza audiovisual, de 65 minutos de duración, recolle testemuños de habitantes das comarcas da Ulloa, Deza e Melide, así como imaxes das mobilizacións sociais contra a instalación da macrofábrica de celulosa impulsada por Altri e Greenalia. A súa realización foi posible grazas a unha convocatoria aberta en redes sociais e WhatsApp, que permitiu que veciños da zona enviasen gravacións propias desde abril ata agosto de 2024.

O proxecto naceu tras unha reunión en Monterroso, onde se constituíron seis equipos de gravación que percorreron aldeas e espazos naturais do río Ulla, documentando as preocupacións ambientais e sociais que xurdiron fronte ao proxecto industrial.

Segundo indicou a Fundación Entretantos, promotora do filme, o documental ofrece “un relato colectivo no que a paisaxe, as voces e a memoria oral flúen como o propio Ulla”, cun enfoque que busca representar “a vida cotiá e a resistencia pacífica das comunidades rurais afectadas”.

A iniciativa súmase a outras accións de denuncia e sensibilización sobre os impactos ecolóxicos e sociais que o proxecto de Altri podería provocar no territorio, especialmente na calidade da auga do Ulla e na sustentabilidade das actividades agrarias e marisqueiras da contorna.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here