InicioMOV. SOCIAISA Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncian riscos na atención...

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncian riscos na atención a doentes de Hematoloxía

Critican a falta de formación específica do persoal de enfermaría da planta de Xinecoloxía para administrar tratamentos de quimioterapia

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS vén de trasladar a súa preocupación pola decisión da dirección do hospital de reubicar a doentes de Hematoloxía, con tratamentos activos de quimioterapia, na planta de Xinecoloxía, sen dotar previamente ao persoal de formación específica para este tipo de atención.

Segundo denuncian, a medida adoptouse no mes de febreiro e supuxo a incorporación de seis camas adicionais destinadas a pacientes de Hematoloxía, que se sumaron ás xa existentes de Xinecoloxía, sen reforzo de persoal. Este cambio obrigou ás enfermeiras da unidade a atender ata 12 pacientes por quenda, con ratios de catro pacientes por profesional, incluíndo casos con tratamentos complexos como a denominada quimio vermella, que require protocolos estritos de seguridade.

A situación foi trasladada polas propias traballadoras ao equipo directivo do centro hospitalario mediante queixas reiteradas, mais, segundo aseguran, non foron escoitadas ata este mes de abril, cando finalmente foron convocadas a unha reunión. A día de hoxe, segundo a denuncia feita pública, o persoal conta só con algunhas horas de formación e segue sen dispoñer de material adecuado e suficiente para garantir a seguridade dos tratamentos.

Os pacientes afectados sinalan que esta situación “pode supoñer un risco para a saúde”, ao seren atendidos por profesionais sen coñecementos específicos sobre os tratamentos oncohematolóxicos. Subliñan que os erros na administración de certos fármacos poden ter consecuencias graves, tanto para os doentes como para os propios sanitarios, dado o nivel de toxicidade dalgúns compostos utilizados.

Desde o colectivo denunciante acúsase á xerencia do hospital de actuar con “improvisación” e “desprezo” cara ao persoal e aos pacientes, priorizando criterios económicos por riba da calidade asistencial. Advirten tamén que esta reordenación vulnera as recomendacións do Ministerio de Sanidade para as unidades de hospitalización de día oncohematolóxicas, nas que se especifica a necesidade dun programa de formación continuada adaptado aos coidados oncohematolóxicos.

A situación xerou unha importante inquietude entre a cidadanía usuaria do hospital, que reclama a revisión inmediata da medida, a dotación dos recursos formativos e materiais necesarios, e que se garanta que os coidados se leven a cabo con plenas garantías clínicas e de seguridade.

Os colectivos implicados reiteran a súa disposición a colaborar co centro hospitalario pero esixen responsabilidades e solucións urxentes, para evitar que se repitan situacións que poidan comprometer a saúde dos pacientes.

ÚLTIMAS

(VÍDEO) A veciñanza critica o deseño para peóns e bicicletas da rúa do Pombal

A rúa do Pombal reabriu hai uns meses ao tráfico tras máis de oito...

Alberto Cabada asume o decanato de Matemáticas da USC con ilusión e confianza no futuro

O profesor Alberto Cabada Fernández tomou posesión este venres como novo decano da Facultade...

Cáritas de Santiago atende a máis de 46.000 persoas en 2024, un 8% máis que o ano anterior

Cáritas Diocesana de Santiago destacou que atendeu a 46.512 persoas en 2024, un incremento...

Detidas 16 persoas pola estafa do “falso sicario” a usuarios de páxinas de citas

A Policía Nacional detivo 16 persoas no marco da 'Operación Bachata', entre elas dúas...

GIG-Saúde denuncia “sobrecarga de traballo e saturación dos servizos” na área sanitaria

A CIG-Saúde de Santiago denunciou que a falta de medidas por parte da Xerencia...

O fiscal xefe de Santiago fará folga ante as reformas do Goberno

O fiscal xefe de Santiago, Antonio Roma, anunciou este luns durante o comezo dun...

Constitúese en Compostela o proceso ‘Lingua Vital’ para reactivar a normalización do galego

A proposta xorde como resposta á preocupación compartida polo retroceso no uso do galego,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here