InicioSUCESOSLocalizado en bo estado o mozo de 17 anos desaparecido en Santiago...

Localizado en bo estado o mozo de 17 anos desaparecido en Santiago de Compostela

A familia interpuxera unha denuncia tras perder o contacto con el o pasado sábado

Publicado o

Xornal de Compostela

O mozo de 17 anos veciño de Ferrol foi localizado en bo estado tras permanecer desaparecido desde o pasado sábado, cando viaxou en tren ata Santiago de Compostela, cidade onde cursa os seus estudos. A noticia foi confirmada pola Asociación SOS Desaparecidos, que xa desactivou a alerta a través das súas redes sociais.

A familia do mozo perdera o contacto con el despois da súa chegada a Santiago, o que motivou a interposición dunha denuncia na Comisaría da Policía Nacional da cidade compostelá. Posteriormente, a denuncia foi ampliada en Ferrol, onde residen os familiares.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Un ciclista resulta ferido leve tras caer por unha fochanca en San Pedro de Mezonzo

Un ciclista resultou ferido leve na noite deste martes tras sufrir unha caída na...

Excarcerada unha persoa tras chocar co seu coche contra un camión aparcado en Santiago

Unha persoa tivo que ser liberada do seu coche tras chocar contra un camión...

800 usuarios afectados por cortes de luz en Santiago e Ames

Uns 800 usuarios víronse afectados esta mañá de venres por cortes da luz debido...