InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNDúas persoas intoxicadas por mala combustión dunha estufa de pellets en Boqueixón

Dúas persoas intoxicadas por mala combustión dunha estufa de pellets en Boqueixón

Un dos afectados sufriu unha caída despois de sentirse indisposto

Publicado o

Por Xornal de Compostela

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario tras sufrir síntomas de intoxicación, posiblemente causados pola mala combustión dunha estufa de pellets en Boqueixón. Un dos afectados, ademais, resultou ferido ao caer despois de sentirse mal, segundo informou a central de emerxencias.

Unha das afectadas foi quen, arredor das 2:15 da pasada madrugada, contactou co 112 solicitando asistencia médica. Pedía unha ambulancia tanto para si mesma, ao sentirse indisposta, como para o seu irmán, que tamén sufrira desmaios.

O incidente tivo lugar na súa residencia situada no lugar de Pumares, en Sergude, dentro do termo municipal de Boqueixón.

Dende o 112 deuse aviso ao 061, aos Bombeiros de Ordes, á Garda Civil e aos volutarios de Protección Civil do municipio para a súa intervención no suceso.

Ao chegar ao domicilio, a Garda Civil verificou que había dúas persoas afectadas, sendo que unha delas chegou a perder a consciencia temporalmente. De acordo cos axentes, tratábase dunha vivenda moi pequena. Por iso, apagaron a estufa e procederon a airear o espazo.

Finalmente, ambas as persoas foron trasladadas a un hospital para recibir atención médica adecuada.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Dúas persoas resultan feridas tras seren atropeladas por un vehículo na rúa Rosalía de Castro

Dúas persoas resultaron feridas na mañá deste venres en Santiago de Compostela tras seren...

Un incendio nunha vivenda de Conxo obriga a desaloxar o colexio Cardeal Quiroga Palacios

Un incendio nunha vivenda situada no barrio de Conxo, en Santiago de Compostela, obrigou...

Unha explosión nunha cociña provoca un incendio nunha vivenda da rúa das Salvadas

Unha explosión rexistrada na cociña dunha vivenda da rúa das Salvadas provocou este luns un...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here