InicioSANTIAGOAMESMáis de 2.500 estudantes de Ames comprométense a activar o uso do...

Máis de 2.500 estudantes de Ames comprométense a activar o uso do galego

O programa 'Modo galego, actívao!' exténdese aos institutos para promover a lingua entre a xuventude

Publicado o

Xornal de Compostela

O programa ‘Modo galego, actívao!’, impulsado pola Real Academia Galega (RAG) e o Concello de Ames, mobilizará máis de 2.500 nenos e nenas para potenciar o uso do galego na vida cotiá. Este proxecto, que chega á súa terceira edición, engade este ano ao alumnado de 1º e 2º da ESO dos institutos de Milladoiro e Bertamiráns, ampliando o alcance da iniciativa máis alá dos centros de infantil e primaria.

O programa, presentado no CEIP A Maía, combina a investigación e a acción para fomentar o galego mediante actividades lúdicas e unha avaliación dos resultados. Segundo explicou o coordinador do Seminario de Sociolingüística da RAG, Henrique Monteagudo, este enfoque busca identificar as estratexias máis efectivas para incrementar o uso do idioma na infancia e na adolescencia.

Durante un mes, os estudantes asumirán retos diarios ou semanais, dependendo da súa idade, con actividades como compartir soños, trabalinguas ou música en galego, así como buscar complicidades na súa contorna ou gravar audios para fomentar o idioma. Por cada desafío cumprido, os participantes recibirán adhesivos con superpoderes que completan unha cartilla deseñada por Ruth Caramés.

COMPROMISO INSTITUCIONAL E EDUCATIVO

O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, salientou na presentación que o galego é un “patrimonio inmaterial que debemos conservar” e chamou á xuventude a ser parte activa da súa promoción. Pola súa banda, o alcalde de Ames, Blas García, destacou que o municipio se ten consolidado como un “protector da nosa lingua”, con iniciativas como a sinatura do convenio coa RAG no ano 2024 que garante a continuidade deste programa.

Carmen Porto, concelleira de Planificación e Xestión Educativa, subliñou que o alcance do programa este ano permitirá abarcar un rango de idade máis amplo, reforzando o compromiso municipal coa promoción do galego mediante propostas complementarias como Galitiktokers e Youtubeiras.

A iniciativa responde a unha situación preocupante sinalada polo Instituto Galego de Estatística: só o 16 % da rapazada de 5 a 14 anos utiliza o galego de maneira habitual. Neste contexto, ‘Modo galego, actívao!’ busca reverter esta tendencia, implicando tamén ás familias, ao profesorado e ao persoal dos servizos educativos complementarios do concello.

ÚLTIMAS

Sanmartín sobre as críticas de inseguridade en locales de ocio: “Non podemos actuar arbitrariamente de abrilos ou pechalos”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, achacou a baixada dos ingresos por habitación dispoñible...

Aitor Bouza fía ás primarias a candidatura do PSOE en Santiago e rebaixa a enquisa a “unha ferramenta máis”

A carreira interna por liderar o cartel electoral do PSOE na capital galega comeza...

Santiago celebra o Orgullo 2026 baixo o lema ‘Contra o odio: rede, cultura e orgullo’

O Concello de Santiago presentou este venres a campaña do Orgullo 2026, que baixo...

O Son do Camiño esgota as entradas do venres e pon rumbo ao seu pleno absoluto

O Son do Camiño volve camiño do cheo absoluto. A organización do festival confirmou...

Ames lanza unha campaña para reforzar o uso responsable dos patinetes eléctricos

O Concello de Ames puxo en marcha unha nova campaña de concienciación sobre o...

A Garda Civil detén dúas persoas por roubos en garaxes comunitarios do Milladoiro

A Garda Civil, coa colaboración da Policía Local de Ames, detivo dúas persoas e...

Ángel Carracedo ingresará como académico de número na Real Academia Nacional de Medicina

O profesor Ángel Carracedo, veciño da parroquia amesá de Bugallido, foi elixido novo académico...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here