InicioMOV. SOCIAISA Mesa pola Normalización Lingüística critica a nova proposta de lei sobre...

A Mesa pola Normalización Lingüística critica a nova proposta de lei sobre medios públicos de comunicación

A entidade advirte que o proxecto da Xunta reduce a presenza do galego e chama á mobilización cidadá pola lingua

Publicado o

Xornal de Compostela

A Mesa pola Normalización Lingüística expresou hoxe a súa preocupación pola nova proposta de lei de medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia, presentada no Consello da Xunta. Segundo a entidade, o proxecto rebaixa a xa limitada presenza do galego nos medios públicos, onde actualmente apenas alcanza o 0,9% na oferta das operadoras de televisión.

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, sinala que o artigo 7, destinado a regular o uso do galego, introduce unha cláusula que permite empregar outras linguas para ‘dar a coñecer a identidade cultural de Galicia fóra do territorio da comunidade autónoma’. Para Maceira, esta disposición “minimiza o papel dos medios públicos na normalización lingüística”, ignorando iniciativas como a Iniciativa Xabarín, apoiada por máis de 30.000 persoas e aprobada por unanimidade no Parlamento galego.

O presidente denunciou que, mentres a Xunta afirma estar impulsando un pacto polo galego, continúa a reducir o seu uso en ámbitos fundamentais. Entre outros exemplos, mencionou a eliminación do requisito de coñecemento do galego para o funcionariado interino, o rexeitamento a aplicar medidas do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG) nas notarías, e o desprezo amosado cara ás miles de persoas que reclamaron un cambio na política lingüística o pasado 17 de novembro en Santiago.

UN CHAMAMENTO Á MOBILIZACIÓN

A Mesa advertiu que a nova lei busca “expulsar o galego” da TVG, a única canle onde a lingua ten presenza maioritaria, e instou a cidadanía a apoiar a Iniciativa Lexislativa Popular Liberemos a Galega, promovida por diversos colectivos sociais. Este proxecto propón unha reforma profunda para garantir que a CRTVG estea ao servizo da normalización lingüística e dos intereses do pobo galego.

Ademais, a Plataforma Queremos Galego convocou unha concentración o próximo 23 de febreiro de 2025, no Día de Rosalía, para mobilizar á cidadanía en defensa do galego. A cita será na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela.

Maceira tamén lamentou que a Xunta “negue calquera interlocución coa Mesa pola Normalización Lingüística”, ignorando solicitudes de reunión realizadas en abril e setembro deste ano. O presidente concluíu facendo un chamamento á acción colectiva para garantir un futuro no que o galego siga sendo unha lingua de uso pleno e normalizado en Galicia.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here