InicioSANTIAGOAMESAmes aproba en pleno varias medidas de mellora e impulso á participación...

Ames aproba en pleno varias medidas de mellora e impulso á participación cidadá

A creación dun Consello Sectorial da Xuventude e unha moción en defensa da lingua galega destacan no pleno municipal de novembro

Publicado o

Xornal de Compostela

O pleno municipal de novembro do Concello de Ames, celebrado este xoves, abordou unha ampla orde do día na que se aprobaron medidas como a creación do Consello Sectorial da Xuventude, a mellora no proxecto da Escola de Música e unha moción relativa á situación da lingua galega. Tamén se ratificaron declaracións institucionais sobre o Día Mundial da Infancia 2024, o 25N e o apoio aos Concellos afectados pola DANA.

Un dos puntos máis destacados foi a aprobación unánime da creación do Consello Sectorial da Xuventude, destinado a fomentar a participación activa da mocidade no municipio. A concelleira de Mocidade, Carmen Porto, subliñou a importancia deste órgano nun concello onde arredor do 25% da poboación ten entre 12 e 30 anos. Porto destacou que esta iniciativa complementa os clubs xuvenís xa creados e anunciou a próxima presentación do regulamento que rexerá o Consello.

Representantes de grupos políticos como o BNG ou Espazo Común salientaron a necesidade de promover o asociacionismo xuvenil e a inclusión de temáticas transversais, como a saúde mental, a igualdade e o emprego, dentro do Consello.

Outro punto clave foi a aprobación dunha moción, presentada polo BNG, sobre a defensa e normalización da lingua galega. O acordo inclúe o compromiso de revisar as políticas municipais en materia lingüística, adherirse á Plataforma Queremos Galego e apoiar as súas iniciativas sociais. A moción contou co apoio de PSdeG-PSOE, BNG e Espazo Común, mentres que o Partido Popular optou pola abstención.

Durante a sesión, ratificáronse por unanimidade varios puntos, como a aprobación de medidas correctoras para o proxecto de melloras na Escola de Música de Aldea Nova. Tamén se aprobaron a ordenanza xeral de subvencións e a compatibilidade laboral dun animador deportivo municipal.

No relativo ao centro deportivo municipal A Telleira, abordáronse dúas cuestións clave: a revisión do IPC correspondente ao contrato de mantemento e a modificación da ordenanza que regula o prezo público pola súa utilización. Ambos puntos foron aprobados con abstención do BNG, que sinalou incumprimentos da empresa concesionaria.

Ademais, destacaron as declaracións institucionais sobre o Día Mundial da Infancia, o 25N e o apoio á veciñanza afectada pola DANA, todas aprobadas por unanimidade.

Con este pleno, o Concello de Ames reafirma o seu compromiso coa participación cidadá, o impulso do galego e a mellora de infraestruturas e servizos municipais. Moitos destes acordos serán trasladados a diferentes institucións e organismos para garantir a súa implementación.

ÚLTIMAS

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

Falece o exconcelleiro socialista Carlos Nieves mentres se bañaba nunha praia do Grove

Carlos Nieves, concelleiro socialista do Concello de Santiago desde 1987 ata 2011, con algunhas...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

O PP reúne nove medidas para as familias que incorporará ao seu proxecto para Santiago

O Partido Popular de Santiago reuniu, coincidindo co inicio do curso escolar, nove propostas...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here