InicioCULTURAA USC recoñecerá con créditos de libre configuración a participación no Proxecto...

A USC recoñecerá con créditos de libre configuración a participación no Proxecto Nós para recoller voces en galego

O obxectivo é alcanzar as 1.000 horas de gravación para integrar o galego na Intelixencia Artificial

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela recoñecerá con créditos de libre configuración ao alumnado que participe no Proxecto Nós, unha iniciativa destinada a recoller datos de voz en galego a través da plataforma Common Voice. Este proxecto, impulsado pola USC e a Xunta de Galicia, busca desenvolver recursos orais que permitan a integración da lingua galega en ferramentas tecnolóxicas como o GPS e futuras aplicacións baseadas en Intelixencia Artificial (IA).

Nun acto celebrado este venres, o reitor da USC, Antonio López, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacaron o propósito central do proxecto: garantir a presenza do galego en tecnoloxías dixitais mediante a recollida de voces que inclúan “todos os acentos e variantes dialectais posibles”. Ata o momento, o proxecto acumulou 300 horas de gravación, pero a meta é alcanzar as 1.000 horas para lograr unha base sólida que represente a diversidade sociolingüística de Galicia.

O reitor cualificou o obxectivo como “ambicioso pero realista grazas á implicación do alumnado, que conta cunha ampla diversidade de falas necesarias para o proxecto”. Pola súa banda, Valentín García incidiu na importancia de sumar “miles de voces para que o galego teña presenza na rede en igualdade coas grandes linguas do mundo”.

Para incentivar a participación, o alumnado universitario que dedique 25 horas á gravación de voz e á validación de frases doutras persoas poderá obter un crédito de libre configuración. O proceso consiste en acceder á plataforma Common Voice, ler frases proporcionadas e validar as gravacións realizadas por outros usuarios.

UNHA INICIATIVA CON VISIÓN DE FUTURO

A directora do Instituto da Lingua Galega, Elisa Fernández Rei, e a directora adxunta do CiTIUS, Paula López Martínez, subliñaron o impacto a longo prazo do proxecto. Fernández Rei destacou que se trata dun paso decisivo para consolidar a presenza do galego na tecnoloxía dixital, mentres López Martínez apuntou que estas gravacións servirán como base para aplicacións futuras baseadas en IA, promovendo a innovación no uso da lingua.

O Proxecto Nós, que se lanzou en 2023, enmárcase nos esforzos conxuntos da USC e da Xunta para protexer e potenciar o uso do galego en contextos dixitais, reforzando a súa utilidade e presenza en ferramentas que forman parte da vida diaria.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...