InicioSANTIAGOAMESAmes e Brión clausuran o obradoiro Renova VI cun investimento de máis...

Ames e Brión clausuran o obradoiro Renova VI cun investimento de máis de medio millón de euros

Vinte participantes formáronse en montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas durante un ano

Publicado o

Xornal de Compostela

Os Concellos de Ames e Brión celebraron este xoves a clausura do obradoiro de emprego dual Renova VI, no que participaron 20 persoas formadas en montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas. O acto tivo lugar en presenza dos alcaldes de ambos municipios, Blas García Piñeiro (Ames) e Pablo Lago Sanmartín (Brión), da delegada territorial da Xunta, Belén do Campo Piñeiro, e das concelleiras de Promoción Económica e Emprego, Guarina Rey Vázquez e Ana Belén Paz García.

Durante os 12 meses do obradoiro, realizáronse 22 actuacións entre Ames e Brión. En Brión acometeuse a rehabilitación integral da piscina de Bastavales, incluíndo a mellora dos sistemas de tubaxes, filtros e bombas, así como reformas nos vestiarios. Ademais, instaláronse paneis fotovoltaicos en edificios municipais como o pavillón polideportivo e a biblioteca.

En Ames, destacou a instalación de 90 módulos solares fotovoltaicos na depuradora de Sisalde, que presta servizo a ambos municipios, así como actuacións similares nas piscinas municipais de Bertamiráns e Milladoiro. Realizáronse tamén traballos de mantemento noutras instalacións como o centro de formación e emprego, a Casa da Cultura e varios campos de fútbol e pavillóns.

FORMACIÓN E INSERCIÓN LABORAL

Os participantes completaron un total de 1.920 horas de formación teórica e práctica, recibindo o certificado de profesionalidade ENAE0108 e outras acreditacións en prevención de riscos laborais, traballos en altura e mantemento de piscinas. Estas cualificacións buscan mellorar a súa empregabilidade nun sector con alta demanda.

A delegada da Xunta, Belén do Campo, salientou a importancia destes obradoiros: “Permiten dotar á poboación activa de formación de calidade e desenvolver un traballo produtivo de interese social”. Ademais, animou aos participantes a “buscar emprego ou mesmo emprender no sector das enerxías renovables, que precisa de profesionais cualificados”.

Ames e Brión continuarán con esta liña de formación coa posta en marcha do Renova VII, que contará cun financiamento de máis de 411.000 euros e permitirá formar outras 20 persoas sen emprego. A Xunta investirá case un millón de euros entre ambos obradoiros, segundo informou Do Campo, subliñando que “este tipo de accións reforzan o emprego no rural, adaptando a oferta formativa ás necesidades reais dos municipios”.

A nivel autonómico, os obradoiros de emprego duais contan cun investimento global de máis de 36 millóns de euros, beneficiando a máis de 1.700 persoas en Galicia.

ÚLTIMAS

A USC abre o curso 2026/2027 coa defensa da universidade pública, dos dereitos humanos e da memoria emigrante

A Universidade de Santiago de Compostela inaugurou este venres o curso académico 2026/2027 cun acto...

O Consorcio abre as primeiras axudas para reformar os locais comerciais da Cidade Histórica

O Consorcio de Santiago abrirá este sábado a primeira convocatoria de axudas destinada especificamente...

Verea reclama explicacións ao Goberno local ante a posible existencia de quendas con só seis policías

O Partido Popular de Santiago reclamou ao Goberno municipal que aclare se durante os...

Sanmartín reclama á Xunta que transfira a Santiago os fondos estatais destinados ás zonas tensionadas

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reclamou este venres que os fondos que o...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here