InicioSUCESOSDúas persoas falecen nun accidente múltiple en Vedra

Dúas persoas falecen nun accidente múltiple en Vedra

O sinistro, con tres vehículos implicados, deixa tamén tres feridos, un deles en estado grave

Publicado o

Xornal de Compostela

Dúas persoas faleceron, unha muller de 33 anos (LBF) e un home de 34 anos (JFR), e tres resultaron feridas –unha delas de gravidade-– nun accidente con tres vehículos implicados no municipio coruñés de Vedra, ocorrido na noite do pasado xoves.

Segundo informa o 112 Galicia, o suceso tivo lugar ao redor das 23:20 horas no quilómetro 323 da N-525, á altura da parroquia de Santa Cruz de Ribadulla, onde tres vehículos resultaron implicados nunha colisión de consecuencias fatais.

O 112 informou de que varios particulares alertaron sobre a gravidade do sinistro e advertiron que había persoas atrapadas nos vehículos. Os equipos de emerxencias do GES da Estrada tiveron que intervir para liberar os corpos sen vida dos condutores de dous dos automóbiles implicados, un home e unha muller, que faleceron tras un choque frontal. Nun dos coches viaxaba unha terceira persoa, que foi trasladada en estado grave, mentres que os dous ocupantes do terceiro vehículo tamén sufriron feridas.

A intervención de diversos equipos de emerxencias foi inmediata. Desde a central de emerxencias solicitouse a asistencia do 061, do GES da Estrada, da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da estrada para controlar a situación e facilitar a circulación na zona. Ademais, notificouse ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (Gipce), do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, para que estivesen dispoñibles en caso de necesidade de apoio psicolóxico aos familiares dos falecidos.

ÚLTIMAS

Unha nova investigación descifra a ‘Odisea’ agochada na Catedral de Santiago

Unha nova investigación de Francisco Prado-Vilar, profesor da USC e investigador do CISPAC, propón...

Verea ameaza con bloquear as novas tarifas de autobús se eliminan a gratuidade para o xubilados

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, advertiu este mércores de que...

Pedro Blanco reclama a comparecencia de Goretti Sanmartín no Pleno polo caso de Fly2Galicia

O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, anunciou que o Grupo Municipal...

Muíños advirte de que o desvío de autobuses cara a San Roque pode provocar retencións coa volta ao cole

O concelleiro non adscrito de Santiago, Gonzalo Muíños, advertiu das posibles consecuencias que, ao...

A luz queda restablecida no centro de Santiago tras unha avaría que afectou a uns 200 usuarios

A subministración eléctrica quedou completamente restablecida este venres no centro de Santiago despois dunha...

Dous feridos logo de envorcar o seu vehículo e quedar atrapadas no seu interior en Santiago

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá nun accidente no coche co que circulaban por...

Catro menores feridos nunha colisión frontal en Teo

Catro menores de idade resultaron feridos de diversa consideración na tarde deste xoves tras...