InicioSANTIAGOAMESOs Socialistas de Ames homenaxean a Manolo Paz pola súa traxectoria na...

Os Socialistas de Ames homenaxean a Manolo Paz pola súa traxectoria na agrupación local

O evento contou coa presenza de representantes do socialismo comarcal, que destacaron a unidade e o traballo como valores clave do partido

Publicado o

Xornal de Compostela

Os Socialistas de Ames celebraron este venres unha homenaxe a Manolo Paz, histórico militante da agrupación local, nunha cea que reuniu a máis de 60 asistentes no Milladoiro. O evento contou coa presenza do secretario xeral provincial, Bernardo Fernández, e do deputado autonómico, Julio Abalde, así como representantes do socialismo comarcal.

Durante o acto, o secretario xeral dos socialistas amesáns e alcalde de Ames, Blas García, entregou a Paz unha peza de Sargadelos en recoñecemento á súa longa traxectoria e dedicación ao partido. “Non podemos esquecer que os que hoxe estamos aquí gobernando é grazas á labor de persoas coma Manolo”, subliñou García, quen tamén destacou que a unidade e o traballo son os valores que permitirán ao partido recuperar a Xunta de Galicia.

Paz dedicou o recoñecemento ás persoas que contribuíron ao crecemento da agrupación, recordando que “nunha época na que facer política non era tan sinxelo” o partido en Ames logrou importantes avances sen contar con maiorías absolutas. “Seguiremos traballando porque algún día sexa posible”, afirmou o homenaxeado.

Pola súa banda, Bernardo Fernández criticou o ambiente de crispación actual e atribuíu a responsabilidade á falta de argumentos da oposición. Fernández destacou a capacidade do goberno socialista de Ames para xestionar nunha corporación fragmentada, recoñecendo que esta habilidade para chegar a acordos ten sido clave na consolidación do partido a nivel municipal en Galicia.

No evento participaron tamén Ángel Leis, alcalde de Negreira, Pablo Lago, alcalde de Brión, Aitor Bouza, secretario xeral de Santiago de Compostela, e Mayte Argibay, portavoz socialista de Teo, así como militantes de agrupacións comarcais, que manifestaron o seu apoio a Paz e aos Socialistas de Ames nesta celebración.

ÚLTIMAS

Traballadores de conserxería e limpeza dos colexios de Santiago volverán á folga

Traballadores de Lacera, a empresa concesionaria de conserxería e limpeza nos colexios de Santiago,...

Declarado de interese autonómico o proxecto para crear un aparcadoiro de 1.500 prazas no CHUS

O Consello da Xunta declarou proxecto de interese autonómico (PIA) a reordenación da contorna...

O Concello renuncia á naturalización da Lagoa do Auditorio tras perder o financiamento e licita o mantemento da Rocha Forte

A Xunta de Goberno Local de Santiago acordou este luns formalizar a renuncia á...

A USC incorpora 13 obras de José María Fenollera á Facultade de Xeografía e Historia

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) recibiu en comodato 13 obras do pintor...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here