HomeSANTIAGOBOQUEIXÓNO Pico Sacro revive a lendaria Cerimonia do Lume Sagrado tras catro...

O Pico Sacro revive a lendaria Cerimonia do Lume Sagrado tras catro anos de ausencia

Cunha nutrida asistencia e bo tempo, celebrouse o ancestral rito celta que coincide coa chegada do Solsticio de Verán

Publicado o

Por Xornal de Compostela

Este domingo, o Pico Sacro foi o escenario da emocionante Cerimonia do Lume Sagrado, un evento que non se celebraba desde hai catro anos debido á pandemia e ás adversas condicións meteorolóxicas dos últimos anos. Este ano, afortunadamente, o bo tempo permitiu que a cerimonia se desenvolvese con total esplendor, atraindo a preto de medio cento de participantes entre membros da Asociación da Fervenza do Castro de Callobre (A Estrada), visitantes ataviados a modo e músicos do grupo folclórico local Son de Gaita (Sergude).

O ritual, que ten as súas raíces nos antigos ritos celtas do Solsticio de Verán, iniciouse ao pé do Pico Sacro, onde o séquito da Raíña Alda se xuntou para ascender xuntos á Capela de San Sebastián. Alí, diante da ermida, o Druída, utilizando un bastón con lupa incorporada, focalizou a luz solar sobre a ramaxe seca para xerar o Lume Sagrado. Este lume foi utilizado para acender as candeas que os participantes, incluída a Raíña Alda, levaban consigo.

As chamas non só simbolizaron a renovación e purificación asociadas ao solsticio, senón que tamén foron compartidas coa comunidade, xa que os veciños e veciñas de Boqueixón que asistiron ao evento leváronse o lume para as tradicionais cacharelas de San Xoán.

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o concelleiro de Turismo, José Luís Mareque, destacaron a importancia deste evento para a cultura local e agradeceron á Asociación da Fervenza do Castro de Callobre por súa colaboración no programa “Un mes e Pico”. Ademais, animaron aos asistentes a explorar máis profundamente o Pico Sacro a través das baixadas espeleolóxicas programadas ata setembro, destacando a rica historia do lugar como sitio de coronación de reis visigodos e súa importancia relixiosa pre e post-cristiá.

ÚLTIMAS

O berro de ‘Altri Non’ escoitase en San Caetano nunha concentración para esixir á Xunta que paralice o proxecto

Milleiros de persoas --30.000, segundo os organizadores-- rodearon este domingo a sede da Xunta...

Goretti Sanmartín reafirma a súa intención de reunirse co presidente da Xunta para falar da taxa turística

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reafirmou este sábado a súa intención de reunirse...

Feridas dúas persoas tras unha saída de vía en Santiago

Dúas persoas resultaron feridas tras unha saída de vía na AG-56, no quilómetro 0,...

O catedrático da USC Elisardo Becoña ingresa na Academia de Psicoloxía de España

Elisardo Becoña, catedrático de Psicoloxía Clínica na Universidade de Santiago de Compostela (USC), foi...

Boqueixón e a Federación Galega de Espeleoloxía organizan visitas á cova do Pico Sacro

O Concello de Boqueixón, en colaboración coa Federación Galega de Espeleoloxía, organizará un total...

Boqueixón mellorará a seguridade viaria con novas infraestruturas

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, mantivo unha reunión con Ovidio Rodeiro...

Maiores de Boqueixón participan nun curso do Concello para mellorar as súas habilidades coas novas tecnoloxías

Un total de 17 veciñas e veciños de Boqueixón están a participar nas primeiras...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here