InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNMaiores de Boqueixón participan nun curso do Concello para mellorar as súas...

Maiores de Boqueixón participan nun curso do Concello para mellorar as súas habilidades coas novas tecnoloxías

O curso gratuíto, organizado en colaboración coa Fundación Amigos de Galicia, busca promover a autonomía dixital dos maiores

Publicado o

Xornal de Compostela

Un total de 17 veciñas e veciños de Boqueixón están a participar nas primeiras sesións do curso ‘Uso das novas tecnoloxías na vida diaria‘, unha iniciativa organizada polo Concello de Boqueixón en colaboración coa Fundación Amigos de Galicia.

O curso foi inaugurado por José Manuel Iglesias Gómez, concelleiro de Facenda e Servizos Xerais, e Ángela Conde Leis, concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, quen salientaron a importancia de promover un envellecemento activo e a socialización entre os maiores a través da dixitalización.

Durante as sesións, que se están a levar a cabo na biblioteca municipal, os participantes están aprendendo a manexar as súas funcionalidades básicas dos teléfonos móbiles e realizar diversas xestións online como solicitar citas médicas a través da aplicación móbil do Sergas, pedir quenda no Concello ou no Centro de saúde, sacar diñeiro nos caixeiros automáticos, e actualizar as súas libretas. Esta actividade, segun explicou Ángela Conde Leis, promove “o envellecemento activo mediante unha actividade que facilita a socialización e dixitalización dos nosos maiores”.

As clases son impartidas en horario de mañá e continuarán nas próximas semanas, con sesións programadas para os mércores 8 e 15 de maio. Estas sesións prácticas e sinxelas están deseñadas para que os participantes adquiran coñecementos útiles que mellorarán a súa calidade de vida e capacidade de xestionar as súas propias necesidades dixitais.

O Concello de Boqueixón continúa así co seu compromiso de inclusión dixital e apoio ao colectivo de maiores, proporcionándolles ferramentas necesarias para adaptarse ás demandas dixitais da sociedade actual. Con este tipo de iniciativas, Boqueixón reafirma a súa dedicación a mellorar a vida dos seus cidadáns a través da educación e a formación continua.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Fotowalk Galicia reúne en Boqueixón máis dunha trintena de afeccionados á fotografía

Un total de 34 persoas afeccionadas á fotografía chegadas de distintos puntos de Galicia...

Boqueixón licita novas obras de saneamento por preto de 70.000 euros para seis aldeas

O Concello de Boqueixón vén de licitar dous proxectos destinados a ampliar e mellorar...

Boqueixón completa antes de agosto a roza de máis de 250 quilómetros de pistas municipais

O Concello de Boqueixón deu por rematada antes do inicio de agosto a limpeza...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here